RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado, con goleada do Xuvenil A en Tenerife; e calendario deste domingo, co Fabril en ABANCA-RIAZOR

A fin de semana en ANOSACANTEIRA está marcado por dous partidos.

Hoxe sábado 10, o Xuvenil A goleou por 0-6 ao CD Tenerife no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións na Cidade Deportiva do CD Tenerife.

"A clave do partido é que fomos nós mesmos", subliñou Miguel Figueira ao concluír o choque.

A volta será o domingo 18 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR, que se poderá ver en directo na canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

O CD Tenerife accedeu a esta Copa de Campións como 2º mellor clasificado dos 7 grupos da División de Honra; mentres que o Dépor como o campión do grupo 1º.

O vencedor desta eliminatoria, en franca vantaxe deportivista, clasificarase para a Final Four que se xogará en Ponferrada do 26 de maio ao 1 de xuño.

E mañá domingo 11 o Fabril recibe ao UCAM Murcia no partido de ida da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Primera Federación ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (YouTube RC Deportivo).

O partido de volta xogarase o sábado 17 de maio ás 19:00 no Estadio BeSoccer La Condomina.

O filial, que entrou como 4º clasificado do grupo 1º nesta fase de ascenso, quedou emparellado pois co 3º do grupo 4º. Por esta circunstancia, o primeiro partido xógase na Coruña.

Xa está activado o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido.

Poden retirar a súa invitación (gratuíta e obrigatoria) e outra a maiores de acompañante todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Á marxe destes dous partidos, hoxe sábado 10 o Xuvenil B xogou en Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo (2-8), o San Tirso SD Cadete en Cotogrande (Vigo) co UD Santa Mariña (1-2), o Infantil en Salceda de Caselas ante o Escola de Fútbol DSF (2-2) e o San Tirso SD Infantil no Monte fronte o Racing de Ferrol (1-1).

Completa a xornada do domingo o encontro na Cidade Deportiva entre o Cadete e o Pabellón Ourense CF (11:30) correspondente á 30ª xornada na División de Honra; e o encontro en Elviña Pequeno (9.30) do Alevín ante o Victoria CF da última xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, co título do grupo norte e o pase á gran final das Eiroas en xogo.

A falta dunha xornada, os branquiazuis mandan na táboa con 28 puntos por 26 do CD Lugo, 2º clasificado. O Victoria CF é 3º con 25 puntos.

Teñen descanso o Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns, ambos os pendentes da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte

Play off de ascenso a Primera Federación
Primeira eliminatoria, ida: FABRIL - UCAM MURCIA, mañá domingo 11 de maio ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, ida: CD TENERIFE 0 - XUVENIL A 6 (Rubén -4-, José Rey e David)

Liga Nacional, 31ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 2 - XUVENIL B 8 (Miguel de Labra -3-, Lucas -3-, David e Balbas)

Categoría cadete
División de Honra, 30ª xornada: CADETE - PABELLÓN OURENSE CF, mañá domingo 11 de maio ás 11:30 en Abegondo
División de Honra, 30ª xornada: UD SANTA MARIÑA 1 - SAN TIRSO SD CADETE 2 (Nikolay e Roi)

Categoría infantil
División de Honra, 27ª xornada: ESCOLA DE FÚTBOL DSF 2 - INFANTIL 2 (Hugo Ferreirós e Thiago Caamaño)
División de Honra, 27ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Carlos Crespo) - RACING DE FERROL 1

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 9ª xornada (mércores 7): ATLÉTICO ARTEIXO 0 - ALEVÍN 10 (Lucas Albor, Álvaro Silva, Hugo Álvarez, Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -4- e Mateo Cortizas)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 11ª xornada (última): VICTORIA CF - ALEVÍN, mañá domingo 11 de maio ás 9:30 en Elviña Pequeno

Amigable: MARINO DE MERA 3 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Enzo Fernández -2-, Adrián Liñares -2-, Mateo Songo'o e Andrés Valencia)

Categoría benxamín
Amigable: SANTA CRUZ CF - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá domingo 11 de maio ás 12:00 en Os Regos (Oleiros)