RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados hoxe sábado e calendario para mañá domingo, cos dous filiais en Abegondo ante Pontevedra CF e Real Avilés

Os partidos das dúas filiais en Abegondo centran a atención en #ANOSACANTEIRA mañá domingo.

O Fabril, coa bancada do campo principal da Cidade Deportiva totalmente chea, mídese ao Pontevedra CF ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) na penúltima xornada en Segunda Federación.

Os fabrilistas, após o épico triunfo do pasado sábado ante o Coruxo FC, buscan con 40 puntos certificar a permanencia coa referencia da RS Gimnástica de Torrelavega (37 puntos).

Pola tarde, ás 16:15, o Deportivo ABANCA B (2º) recibe ao líder Real Avilés CF.

No filial é baixa Michi Apóstol, concentrada con Venezuela no Campionato Suramericano sub-20 en Ecuador.

Óscar Orro, técnico deportivista, citou a todas as súas xogadoras, incluídas as 5 canteirás que viaxaron co primeiro equipo a Albacete: Paula Monteagudo, Paula Novo, Elena Vázquez, Lucía Rivas e Noela.

Ademais, o Orzán SD B sub-16 Femenino, instalado na zona media da Segunda Autonómica, recibe ao Brexo Lema SD (10:00 na Torre).

E fóra de casa o Orzán SD Xuvenil Femenino, empatado a puntos co Bergantiños CF na cabeza da Primera Autonómica, visita ao terceiro, o Tomiño FC Femenino (12:00 horas); o Orzán SD Infantil B Femenino ao Arzúa FCF (11:30); e o Xuvenil B ao Alondras CF (12:00).

Hoxe sábado 27 a atención estivo centrada no encontro do Xuvenil A no campo 1 de Abegondo ante o Real Oviedo, correspondente á penúltima xornada na División de Honra e retransmitido en directo pola canle de Youtube do RC Deportivo.

Venceron os branquiazuis (3-1) con dous goles no desconto do partido e suman así 66 puntos. Pero tamén gañou o seu partido o Real Racing Club, líder, ante o Veriña CF (2-0) e mantense á fronte con 67.

Así pois, ambos os equipos xóganse o título na última xornada a próxima fin de semana, no que os racinguistas visitan á SD Compostela (6º) e os deportivistas ao ED Val Miñor Nigrán (8º).

En caso de empate a puntos quedarían campións os cántabros ao gañar o golaverage particular: 2-2 en Abegondo e 1-0 en Santander.

Xogaron tamén en casa o Orzán SD Cadete Femenino (9-0) ante o EF Lalín; o Fabril FC Alevín (4-3) ante o Sada CF; e o Benxamín A (13-1) ante o UD Carral.

E competiron de visitantes o Orzán SD Infantil A Femenino (0-7) ante o Atlético Arteixo; o Alevín A (1-7) ante o ED Luis Calvo Sanz; e o Fabril FC Benxamín (1-1) ante o ED Luis Calvo Sanz.

Dous partidos abriron o calendario de partidos.

O pasado xoves 25 de abril o Fabril FC Alevín caeu (2-1) co CD Calasanz en partido correspondente á 5ª xornada disputada a pasada fin de semana da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

E onte, o Alevín venceu en Abegondo (17-0) á SD Residencia en choque do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 adiantado ao fin de semana. 

Pola súa banda, non hai liga para Cadete, San Tirso SD Cadete, Infantil e San Tirso SD Infantil debido á disputa da Fase de Plata do Campionato de España por autonomías na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Na selección galega sub-16 están os cadetes branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Pablo García, Nico Ruiz e Miguel de Labra; ademais de Samba e Gael, do San Tirso SD Cadete. O combinado galego disputará a gran final mañá domingo após eliminar a Andalucía na quenda de penaltis da semifinal.

Así mesmo, na selección galega sub-14 participaron os infantís branquiazuis Lucas López, Eder Vilas, Roi, Daniel López, Raúl e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil. Neste caso Galicia caeu nas semifinais ante Madrid e quedou apeada da gran final nesta categoría.

Finalmente #ANOSACANTEIRA recibiu dúas boas noticias esta semana.

Por unha banda a convocatoria de Lucía Rivas para a Fase Final do Campionato de Europa sub-17 en Suecia no mes de maio. Portugal, Polonia e Bélxica serán os rivais da selección española.

E por outro a citación de Antía Veiga para un torneo amigable tamén en maio coa selección española sub-15 con Portugal e Polonia como rivais.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL AVILÉS CF, mañá domingo 28 de abril ás 16:15 en Abegondo

Primera Autonómica, 27ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, mañá domingo 28 de abril ás 12:00 no campo de O Alivio (Tomiño)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 27ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - BREXO LEMA SD, mañá domingo 28 de abril ás 10:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega, subgrupo 1º, 27ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 9 (Sofía Milhem, Marta Moreno -2-, Daniela Macedo -3-, Candela González e Claudia Sande -2-) - EF LALÍN 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 27ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 0 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 7 (Marta Moreno -4- e Uxía Fariña -3-)
Liga Galega, subgrupo 1º, 27ª xornada: ARZÚA FCF - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, mañá domingo 28 de abril ás 11:30 no campo de O Viso (Arzúa)

Segunda Federación
33ª xornada: FABRIL - PONTEVEDRA CF, mañá domingo 28 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 29ª xornada: XUVENIL A 3 (Domínguez -2- e Lucas) - REAL OVIEDO 1

Liga Nacional, 31ª xornada: ALONDRAS CF - XUVENIL B, mañá domingo 28 de abril ás 12:00 en O Morrazo

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 9ª xornada: ALEVÍN 17 (Iván Gil -5-, Sergio Fernández -2-, David Gómez -2-, Rui Caamaño -2-, Manu Sande, Álvaro Gómez, Nacho Villanueva -2-, Hugo Luaces e Yoel Puñal) - SD RESIDENCIA 0

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 6ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 1 - ALEVÍN A 7 (Nacho Villanueva -2-, David Gómez -2-, Hugo Macedo -2- e Rui Caamaño)

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 5ª xornada (xoves 25): CD CALASANZ 2 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Alejandro Astray)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 6ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Alejandro Astray -3- e Hugo Álvarez) - SADA CF A 3

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 6ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Adrián Liñares -3-, Leo Lorenzo -3-, Alberto Noco -2-, Álex Casado -2-, Mateo Songo'o e Antón Fernández) - UD CARRAL 1
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 6ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Martín Martelo)