O amigable do Alevín de fútbol 11 en Bertamiráns o pasado mércores abriu o calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA.
O resultado, que é o de menos neste tipo de partidos, favoreceu (0-4) aos branquiazuis grazas aos goles de So, Thiago Montes, Manu Alcázar e Leo Sánchez.
O conxunto deportivista preparou así a súa participación na XIII edición do Trofeo Conservas Calvo que arranca mañá domingo ás 12:30 en Lugo ante o SD Residencia.
O Alevín terá estes rivais no grupo norte: SD Residencia, Racing de Ferrol, Atlético Coruña Montañeros CF, ED Luis Calvo Sanz, Ural Español CF, Victoria CF, CD Lugo, San Tirso SD, Galicia Caranza, CD Calasanz, SDCyR Narón Freixo e SRD Portuarios.
O formato de competición nesta primeira fase será de liga todos contra todos a unha soa volta.
Tamén mañá domingo, o Xuvenil A recibe á RS Gimnástica de Torrelavega ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) no campo principal de Abegondo.
A esa mesma hora, pero en Cantarrana (Viveiro), o Fabril, líder da Tercera RFEF con 2 puntos de vantaxe sobre o Arosa SC, enfróntase a un Viveiro CF que escapou da zona de perigo.
A pasada fin de semana, ante o Rápido de Bouzas, Óscar Gilsanz recibiu a boa noticia da recuperación de David Mella, recuperado dunha lesión que o tivo varios meses afastado dos terreos de xogo.
Na lista entraron Dani Barcia e Diego Gómez, que esta tarde sentaron no banco de ABANCA-RIAZOR co primeiro equipo ante o CD Badajoz. Finalmente non chegaron a saltar ao terreo de xogo.
Completan a convocatoria fabrilista: Brais Suárez, Hugo Ríos, Iano Simão, Fito, Álex Pereira, Puerto, Brais Val, Jairo, Barba, Marc, Nájera, Mella, Martín Ochoa, Iñaki, Davo e Jesús Ares.
E tamén mañá, o Infantil visita ao CD Areosa (11:00 no campo da Xunqueira en Vigo) para amarrar a 2ª posición da División de Honra.
Ademais de alevíns e benxamíns, xogaron en casa hoxe sábado 25: o Cadete ante o Pabellón Ourense CF (6-0), o San Tirso SD Cadete ante o AJ Lérez (5-0) e o San Tirso SD Infantil fronte ao Escola de Fútbol DSF (1-1).
E fóra, o Xuvenil B á espreita da 2ª praza da Liga Nacional, remontou un duro partido co Racing de Ferrol (1-2).
Non teñen competición esta semana o Deportivo ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Feminino (Primeira Autonómica); Orzán SD Cadete B Feminino (Segunda Autonómica, subgrupo 1º); Orzán SD Cadete Feminino (Liga Galega cadete, subgrupo A); Orzán SD Infantil Feminino (Liga Galega infantil, subgrupo A), este á espera de coñecer o calendario da segunda fase da competición.
O parón nestas categorías femininas débese á disputa do Campionato de España de seleccións territoriais sub-15 e sub-17 en Almería.
Precisamente a orzanista Emma Gandoy está coa selección galega sub-15 na Fase de Prata. No primeiro partido ante Baleares, con vitoria de Galicia (3-1), foi titular e xogou completo todo o partido. Mañá, ás 9:30, agarda a Comunidade Valenciana.
No combinado galego sub-17, que disputa a Fase Ouro, hai unha nutrida representación de #ANOSACANTEIRA.
Martina Rivas, Elena Vázquez, Laura Santos, Lucía Rivas e Laura Otero foron titulares onte venres no primeiro partido ante Castela e León, saldado con derrota (2-1). Saíron desde o banco Abril Pazos, Sara Cercido e Macarena González.
Fronte a Andalucía, na segunda cita hoxe sábado, actuaron de inicio Elena Vázquez, Laura Santos, Abril Pazos, Lucía Rivas e Sara Cercido; mentres que tamén tiveron minutos Macarena González, Uxía López e Laura Otero. O choque acabou con vitoria andaluza (1-0) que deixa sen opcións ás galegas, que mañá pechan esta Fase de Ouro ante Navarra.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Tercera RFEF
22ª xornada: VIVEIRO CF - FABRIL, o domingo 26 de febreiro ás 12:00 en Cantarrana (Viveiro)
Categoría xuvenil
División de Honra, 22ª xornada: XUVENIL A - RS GIMNÁSTICA, o domingo 26 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Liga Nacional, 22ª xornada: RACING DE FERROL 1 - XUVENIL B 2 (Guerrero e Domínguez)
Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: CADETE 6 (Nico Ruiz, Sergio -2-, Rubén -2- e Daniel) - PABELLÓN OURENSE CF 0
División de Honra, 23ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 5 (Mosquera, Jairo, Miguel de Labra, Janusz e Balbas) - AJ LÉREZ 0
Categoría infantil
División de Honra, 20ª xornada: CD AREOSA - INFANTIL, mañá domingo 26 de febreiro ás 11:00 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
División de Honra, 20ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Gabri) - ESCOLA DE FUTBOL DSF 1
Categoría alevín
Amigable (fútbol 11, disputado o pasado mércores): BERTAMIRÁNS FC 0 - ALEVÍN 4 (So, Thiago Montes, Manu Alcázar e Leo Sánchez)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 1ª xornada: SD RESIDENCIA - ALEVÍN, o domingo 26 de febreiro ás 12:30 na Cheda (Lugo)
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 13ª xornada: ALEVÍN A 14 (Mario González -4-, Iker Obeso -3-, Leo Sánchez -2-, Thiago Montes -2-, Nico Torres, Hugo Caridad e Javi Barral) - ATLÉTICO CASTROS 0
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 14ª xornada: UD PAIOSACO H. AÑÓN 1 - FABRIL FC ALEVÍN 7 (Álvaro Gómez -3-, Hugo Pousa, Hugo Macedo, Jorge Fernández e David Gómez)
Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 13ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN 0 - BENXAMÍN A 11 (Miguel Candal -5-, Xiao Fontao -2-, Alejandro Astray, Hugo Quintela, Mateo Carballeira e Thiago López)
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 13ª xornada: OZA JUVENIL SD 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle -2-, Breogán Díaz -2-, Andrés Valencia, Mateo Songo'o e Leo Lorenzo)
