RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA e calendario para mañá domingo

Intensa xornada de pretemporada hoxe sábado para #ANOSACANTEIRA, con partidos en Chantada, Asturias, Vigo e Abegondo.

O Xuvenil A venceu (1-5) ao Chantada Atlético; o Xuvenil B clasificouse en Asturias para a Fase de Ouro da Copa Principado; o Cadete empatou (3-3) en Abegondo cos xuvenís do Bertamiráns FC; e o San Tirso SD Cadete dobregou en O Monte (4-0) ao CD Calasanz A.

A maiores, Infantil e San Tirso SD Infantil participaron na MS2 Cup de Vigo, con medalla de prata para o primeiro despois dunha emocionante final ante o RC Celta.

Para mañá domingo queda o penúltimo partido do Fabril desta pretemporada: en Taboada (18:30) ante a SD Compostela de Segunda RFEF. Óscar Gilsanz citou a todo o seu cadro, incluídos os futbolistas que hoxe sábado se adestraron ás ordes de Borja Jiménez en ABANCA-RIAZOR co primeiro equipo: Yeremay, Dani Barcia, Jairo, Fito e Tim. Son baixa por razóns médicas: Puerto, Álex Pereira, Mella, Davo e Martín Ochoa.

Onte á noite, outro encontro do Fabril en Abegondo, esta vez ante o Betanzos CF, abriu unha nova fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Despois de 90 entretidos minutos, impuxéronse (3-2) os fabrilistas con goles de Martín Ochoa, Jesús Ares e Diego Gómez ante un rival de inferior categoría pero que plantou cara.

Tamén mañá, o Deportivo ABANCA B mídese na Torre (11:30) ao Sárdoma CF B na XVIII edición do Memorial Manuel Fernández Faraldo, organizado polo Orzán SD. Kevin Cabado citou ás seguintes xogadoras: María Calvo, Celia, Lucía Couto, Uxía Cabada, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Antía Brage, Carmen Carballada, Laura Testa, Abril, Tati e Laura Otero; ademais de Martina e Uxía Rabuñal (do Orzán SD Xuvenil Feminino); e Sara Cercido, Ana Capelo e Lucía Rivas (do Orzán SD Cadete Feminino).

O pasado mércores, o Deportivo ABANCA B adxudicouse ante o Lóstrego CF no campo da Gándara en Chaín (Gondomar, Pontevedra) o Trofeo Concello de Gondomar. Foi a terceira cita de pretemporada para o filial feminino e terceira vitoria após os triunfos anteriores ante as Viaxes InterRías FF (2-0) e o Umia CF (0-1). Decidiu o choque (0-1) para as branquiazuis un tanto de Ana Capelo, xogadora de categoría cadete do Orzán SD Feminino.

O xoves estreouse en pretemporada o Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira División Galega. Cultivou un bo empate (1-1) ante o Bergantiños CF nas Eiroas. O gol orzanista foi obra tamén de Ana Capelo. E este equipo, xunto ao Orzán SD Cadete Feminino e Orzán SD Infantil Feminino competirán mañá no citado Memorial Manuel Fernández Faraldo na Torre.

O calendario de partidos, sempre susceptible de sufrir variación, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
FABRIL 3 (Martín Ochoa, Jesús Ares e Diego Gómez) - BETANZOS CF 2
SD COMPOSTELA - FABRIL, mañá domingo 28 de agosto ás 18:30 no campo da Medela (Taboada, Lugo)

Categoría feminina
Trofeo Concello de Gondomar
LÓSTREGO CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Ana Capelo)

Memorial Manuel Fernández Faraldo
DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF B, o domingo 28 de agosto ás 11:30 na Torre

BERGANTIÑOS CF 1 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 1 (Ana Capelo)

Memorial Manuel Fernández Faraldo na Torre (campo 2)
Tres en un
Domingo 28 de agosto
09:30: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - SD TORDOIA
12:30: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - SD O VAL

Memorial Manuel Fernández Faraldo na Torre (campo 3)
Tres en un
Domingo 28 de agosto
09:30: ORZÁN SD CADETE FEMININO - CF NOIA
12:30: SÁRDOMA CF - ORZÁN SD CADETE FEMININO

Memorial Manuel Fernández Faraldo na Torre (campo 4)
Tres en un
Domingo 28 de agosto
09:30: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - ATLÉTICO AROUSANA
12:30: SD PONFERRADINA - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO

Categoría xuvenil
CHANTADA ATLÉTICO, de Primeira Autonómica 1 - XUVENIL A 5 (Carreira, Kevin -2- e Montero -2-)

Copa Principado 2022
Sábado 27 de agosto
Primeira Fase
XUVENIL B 0 - REAL AVILÉS 0
XUVENIL B 2 (José Rei e Mesfin) - VERIÑA CF 2
REAL OVIEDO 0 - XUVENIL B 1 (Manu Ferreiro)

Fase de Ouro

Domingo 28 de agosto
12:00: XUVENIL B - REAL VALLADOLID

Categoría cadete
CADETE 1 (Sergio Pose) - IMPERÁTOR OAR xuvenil 0
CADETE 3 (Jairo, Brian e Vergara) - BERTAMIRÁNS FC xuvenil 3

SAN TIRSO SD CADETE 9 (Marcos -2-, Miguel -3-, Rubén, Xoel, Leandro e Álvaro 'Roxu') - URAL ESPAÑOL CF B 0
SAN TIRSO SD CADETE 4 (Álvaro, Diego -2- e Janusz) - CD CALASANZ A 0

Categoría infantil

INFANTIL 4 (Iago, Alberto, Roi e Casuso) - IMPERÁTOR OAR cadete 2

MS2 Cup en Vigo
Sábado 27 de agosto
Primeira Fase
VICTORIA FC 1 - INFANTIL 3 (Borja, Casuso e Joaquín)
AROUSA SC 0 - INFANTIL 1 (Nico)
RC CELTA B 0 - INFANTIL 3 (Roi, Casuso e Borja)

Cuartos de final
INFANTIL 5 (Samba, Casuso, Roi, Íker e Trigo) - CD CHOCO 0

Semifinais
INFANTIL 4 (Trigo, Joaquín e Casuso -2-) - RC CELTA B 0

Final
INFANTIL 1 (Roi) - RC CELTA 2

SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Sergio) - URAL ESPAÑOL CF A 2

MS2 Cup en Vigo
Sábado 27 de agosto
Primeira Fase
CD CONXO 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0
CORUXO FC 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Antón)
RC CELTA 4 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Sergio)

O San Tirso SD Infantil quedou apeado da competición.