La Voz de Galicia
"Lendoiro quere negociar o convenio no Concello. Pide falar co alcalde e non entrar noutra guerra de faxes" di o diario, que asegura que o presidente deportivista desexa unha cara a cara co alcalde para tratar os temas do convenio.
A Voz tamén di que a chegada de Duscher está cada vez máis preto e anuncia que o vindeiro venres é o sorteo da primeira liguiña da Champions.
En canto á Eurocopa, ademais dos cambios de Camacho para o próximo partido con Iugoslavia, o diario recolle unha foto dos dous xogadores galegos, Michel Salgado e Fran, ante os produtos de Galicia que chegaron á concentración da Selección.
Deporte Campión
"Búscase unha solución urxente" di o rotativo, que asegura que o club busca sitio para Abreu, Aira, Deus, David, Schürrer, Dani Mallo, Bassir, José Ramón e Nuno. Di o Campión, ademais, que Duscher chegará a finais desta semana, que Jaime está na órbita do Benfica e que o Atlético pagará o segundo prazo por Capdevila.
A gran tempada de Dani Mallo e o interese de Compostela e Racing por contar cos seus servizos.
"Un mes de tolemia" titula o diario que asegura que a tranquilidade volveu á Coruña tras a noite máxica do 19 de maio.
Libre directo
Este portal de deportes en internet di que Ramis debe decidir se quere ou non xogar no Lyon, club co que o Deportivo xa chegou a un acordo. Tamén fala Libredirecto do sorteo para Champions League que se celebrará o venres.
Galicia en Xogo
Di este diario deportivo que o Deportivo espera a resposta de Duscher xa que o club branquiazul e o Sporting de Lisboa xa chegaron a un acordo.
O Ideal Galego
Di o diario que o Deportivo quere que o seu equipo filial ascenda a Segunda División. Tamén destaca o rotativo que a Selección comeu onte produtos galegos.
En canto ao Deportivo, di o Ideal tamén que máis de trinta xogadores soan como posibles fichaxes do Deportivo, entre eles Molina, Toni Jiménez, Sergi, Marcelino, Álex, Juninho, Deco, Placente, De Pedro, Riquelme, Salva, Alfonso, Milosevic, Flo, Catanha,
Óscar, Guti, Rodrigo, Goor, Iván da Pena.
O Correo Galego
Di o Correo que Augusto César Lendoiro espera que esta semana sexa frutífera á hora de confirmar altas e baixas.
O Mundo Deportivo
O diario catalán asegura que os encontros de Supercopa serán o 20 de agosto en Montjuic e o 27 do mesmo mes en Riazor.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.
