RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br> Máis posibles fichaxes e as reformas do estadio

Os rumores de achegamento a xogadores de todo o mundo, coas características de cada un deles, e os posibles descartes deportivistas de face á a nova tempada son os temas que centran a actualidade deportivista da xornada.

La Voz de Galicia

"Os palcos de patrocinadores, principal obstáculo en Riazor. Concello e Depor retocan xa o convenio definitivo" e engade a Voz que o club traballa contrarreloxo para cumprir as normas da UEFA.

O diario tamén recolle as intervencións do presidente do Deportivo en varios programas de TVE nos que declarou que non quere máis de 22 ou 23 xogadores pero todos de gran nivel. Di tamén o rotativo que o noruegués Tore Andre Flo foi ofrecido ao Deportivo e que Beckenbauer pediu prezo ao club herculino por Djalminha e que Jancker entraría nesta operación polo brasileiro. Así mesmo, o diario di que Unha pena da Celta denuncia a Scaloni polas súas declaracións.

Deporte Campión

Munitis apura as súas opcións, di o diario, que asegura que o cántabro manexa tres ofertas moi cuantiosas de Deportivo, Valencia e Real Madrid. Ademais, o diario recolle as declaracións de Augusto César Lendoiro en varias entrevistas de TV en Madrid, entre elas "Europa non nos debe unha Copa, pero coma se debésenola" e insistiu o presidente en que "cando nos creamos o Madrid ou o Barça estaremos perdidos".

O Campión segue falando de Jancker, que asegura que se achega ao Deportivo, e engade o diario que Hibic prefire ao Atlético antes que ao Deportivo así como que Emerson non quere vir á Coruña.

As declaracións de Naybet, que opina que gañar a liga co Depor é diferente e que espera chegar lonxe na Champions, así como a súa convocatoria con Marrocos da que foi excluído Bassir son outros dos temas.

O diario fai un percorrido por todos os títulos do persoal deportivista e di que o 12 de setembro será o debut na Champions.

O Congreso de Penas deportivistas, preparado en Córdoba para o próximo fin de semana.

Marca

Di o diario que Lendoiro esixe 3000 millóns para deixar saír a Djalminha mentres que o brasileiro ve difícil que paguen esa cantidade e engade que As Palmas quere fichar a Schürrer e que o central, a persar de ter contrato, pero vería ben un traspaso. Ademais, a homenaxe recibida por Flavio en Brasil pola liga e a participación de Donato na homenaxe a Juan Carlos.

O Ideal Galego

A participación de Donato e Fernando na homenaxe a Juan Carlos, que coincidiu con eles no Atlético e Valladolid, respectivamente, e a profesionalización do club co cambio na súa estrutura son as noticias do diario, que presenta un gráfico co posible novo organigrama interno do Deportivo.

A indignación dos deportivistas porque varias decenas de afeccionados do Madrid acudiron a Catro Camiños a celebrar a vitoria en Champions do seu equipo é tamén recollida polo diario.

_________

Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com

__________

NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.