RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br> Vilalba e Mauro

O segundo día de traballo do persoal en Vilalba e a marcha de Mauro a Brasil por problemas familiares son as noticias da xornada relacionadas co club branquiazul.

La Voz de Galicia

"Os novatos do Deportivo evidencian calidade e timidez. Irureta segue atento ao cinco fichaxes que ten en Vilalba" di o diario, que asegura que Aldo Duscher e Pandiani parecen entenderse moi ben e que este último e Capdevila teñen ganas de agradar.

O regreso de Mauro a Brasil por problemas familiares e a presentación de Emerson, que xogará no Depor esta tempada e as declaracións de Duscher, centrocampista do Deportivo, que di "Sería lindo revivir cada ano os goles do título de Liga" e que se define como un home caseiro, amigo de paseos e da música arxentina. Ademais, di o diario que as reformas de Riazor acometeranse en agosto e que a proba para a Champions League será no partido de Supercopa do 27 de agosto ante o Espanyol.

Deporte Campión

A Champions faise un sitio, di o Campión, que asegura que Riazor perderá aforamento para ampliar as zonas destinadas aos medios de comunicación esixidas pola UEFA. O diario asegura que as reformas estarán listas o 27 de agosto.

A marcha de Mauro a Brasil por problemas persoais, a sesión de traballo mañá e tarde en Vilalba, as palabras de Changui, que di que aceptaría xogar cedido, a homenaxe da Cámara de Comercio ao Club pola consecución da liga, a chegada hoxe de Catanha, a presentación de Nuno co Osasuna e a presentación de Emerson así como a chegada de Valerón, prevista para o domingo, completan a actualidade deportivista.

O Ideal Galego

A presentación de Emerson como xogador do Deportivo e a súa rápida incorporación á pretemporada en Vilalba, a marcha de Mauro a Brasil, e as reformas motivadas no Estadio pola Champions "O aforamento de Riazor reducirase para acoller a liga de Campións. A UEFA obriga ao Depor a ampliar o espazo dos palcos de prensa" son outras das novidades xunto á maior esixencia no segundo día de traballo ao persoal deportivista en Vilalba.

Marca

Di Marca que Kouba, Bassir e Naybet xa tramitan ser comunitarios, que Catanha asinará por seis tempadas, que Emerson foi presentado e que así completa a liña media, que Mauro voou a Brasil inesperadamente, o calendario de pretemporada, as ofertas por Iván Pérez, as palabras de Kouba, disposto a quedar no Deportivo pero que se ten ocasión de xogar noutro sitio aproveitaríao.

_________

Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com

__________

NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.