Resumo de prensa<br> Wiltord, Duscher e Sampaio
Os nomes propios sucédense estes días na contorna branquiazul. Onte á noite Augusto César Lendoiro falaba cos medios de comunicación para confirmar a chegada de Sampaio, a de Duscher, a convocatoria de Djalma e Flavio coa selección brasileira... e os medi
La Voz de Galicia
Wiltord podería proporcionar 900 millóns ao Deportivo, di A Voz, que asegura que o Arsenal quere compralo ao Girondins por 3.000 millóns, referíndose á claúsula que o Deportivo puxo ao xogador conforme se era traspasado por máis de 400 millóns, prezo en que o traspasou o club herculino, o 50% sería para o Deportivo.
Ademais di A Voz que Makaay regresará cando mellore algo da súa lesión. A inauguración de dúas penas deportivistas, o interese do Salamanca en José Manuel, a convocatoria de Djalminha, a chegada de Duscher e Sampaio, o interese do Osasuna en Nuno, o futuro de Abreu, o interese de Molina polo Depor.... son os nomes de actualidade deportivista.
Deporte Campión
Antes de saír, deixen entrar é o titular do Campión, que di que o Deportivo se mostra cauto e é partidario de deixar entrar antes de saír, referíndose a xogadores. O diario recolle as palabras do dirixente branquiazul que recoñece que o Osasuna está preto de Nuno, que houbo contactos co presidente do San Lorenzo por Abreu, , que hai unha oferta do Flamengo por Djalma...
O diario tamén di que a chegada de Duscher atrasouse por detalles co Sporting, que o Teresa Herrera está a piques de confirmarse a data, que se imporán as insignias aos socios antigos...
Di o Campión que Molina se achega ao Depor, que Prats é unha opción na recámara, que Kouba segue sen ver claro o seu futuro, a cesión de Dani Mallo complícase, que Djalma regresa á a selección tres anos despois, que Flavio e Sampaio tamén foron convocados... E recolle o diario a opinión de Irureta, que asegura que con Alfonso se daría por satisfeito mentres Sampaio chega hoxe á cidade herculina e di o rotativo que o Deportivo e o Concello asinarán hoxe o acurdo final.
O Ideal Galego
Di o Ideal que o Concello e o Deportivo asinarán hoxe o acordo de colaboración definitivo. Ademais engade o diario que Sampaio e Duscher serán os próximos en converterse en deportivistas.
Marca
Di o diario Marca que o Deportivo ofrece 1.300 millóns e a Pauleta por Catanha mentres o luso negaríase a entrar na operación. O diario tamén di que Abreu podería ser moeda de cambio por Duscher. Marca tamén publica a chamada da selección brasileira a Djalminha, Flavio e Sampaio e confirma a oferta do Flamengo polo Djalma.
A firma do convenio polos próximos 25 anos tamén é noticia.
Galicia en Xogo
Di este portal deportivo en internet que o Deportivo e o Concello asinan hoxe mesmo o convenio de colaboración. Tamén recolle a chegada de Sampaio, hoxe, á cidade herculina, e a de Duscher, mañá.
Libredirecto
A chegada de Duscher e Sampaio á cidade herculina e a convocatoria de Flavio e Djalminha pola selección brasileira son as noticias relacionadas co Deportivo que recolle este portal futbolístico.
Estadao.com
O diario brasileiro di que Sampaio se despide do Palmeiras. Este rotativo tamén destaca a convocatoria de Djalminha por Wanderley Luxemburgo.
ABC
Di o diario que Molina pensa en vir ao Deportivo se Lendoiro admite a súa petición económica.
Antena 3 Noticias
Este servizo de noticias destaca que Prats, o gardameta bético, está cun pé no Deportivo.
Diario Sur
Destaca este rotativo andaluz que o Deportivo incrementou a súa oferta por Catanha ata 2.300 millóns de pesetas.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.
