A derrota en Valladolid que evidencia, segundo os distintos diarios, unha fochanca no xogo branquiazul, e os pormenores do partido centran a actualidade dun día no que o filial deportivista se impuxo na súa visita ao San Sebastián de los Reyes.
La Voz de Galicia Di A Voz que o Valladolid baila a un Deportivo en evidente fochanca de xogo e que o tres goles do conxunto valisoletano chegaron na segunda parte. O diario destaca que Pandiani marcou de volea pero que o seu tanto non valeu de moito. As impresións de Irureta, que viu un Valladolid máis agresivo e eficaz que o Deportivo ou o malestar do persoal pola derrota así como a convocatoria de Naybet con Marrocos. O diario lembra que o Depor foi goleado xa catro veces nos seus desprazamentos e que perdeu a súa solidez así como que a Valencia vén o sábado a Riazor. As molestias de Víctor e Mauro, que tiveron que ser substituídos, completan a actualidade do día.
Marca Pachón fulmina ao Depor en Zorrilla, di Marca, que engade que o dianteiro marcou dous goles en 24 minutos. O diario lembra que é a terceira derrota consecutiva do Deportivo a domicilio, que Djalminha recuperouse e xogou en Valladolid ou o desequilibrante Pachón, segundo Irureta así como as molestias de Mauro e Víctor ou o sete goles de Pandiani, que alcanza a Tristán. O diario analiza os fallos deportivistas que resume nas constantes perdas de balón, na fraxilidade da defensa e na falta de conexión entre liñas.
AS Di AS que a caída do Depor dispara ao Madrid e á Valencia. O diario engade que Valladolid someteu ao campión de Liga e que Mauro e Víctor regresan tocados destacando que Makaay foi unha illa solitaria en ataque.
A Opinión Valladolid volve ser gafe, di o diario, e sinala o diario que Pachón bailou ao Deportivo que tiña rota a súa liña defensiva.
O Ideal Galego Destaca este diario que os Reyes deixaron carbón ao Deportivo e que Irureta achaca a derrota ao estado do céspede e á entrada de Pachón. As palabras de Molina, que recoñece que xogaron mal e non hai escusas ou as de Helder, que ve necesario cambiar a mentalidade fóra de casa completan a actualidade do día.