RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Boa serie

Os diarios fanse eco hoxe da boa traxectoria que o equipo leva na liga, na que só é superado en puntos pola Valencia. Os diarios miran cara atrás e cara adiante no tempo para buscar as claves do equipo na competición ligueira.

La Voz de Galicia
"O calendario do Deportivo convídalle a tomar vantaxe", titula o diario engadindo "O do Celta será o partido máis complicado ata xaneiro", facendo unha análise do que serán os próximos enfrontamentos do Deportivo en liga.

"Diego Tristán ou Roy Makaay, bendito dilema para Irureta", titula outro artigo no que se afirma que se Irureta segue co mesmo esquema nos partidos de fóra de casa, terá que escoller a un dos dous dianteiros.

Deporte Campión
"Nin as escadas" titula o diario engadindo que "O Depor suma xa 300 días sen perder en Riazor nun partido de liga" "O fortín de Riazor é a base do equipo branquiazul" Xogáronse desde entón 15 partidos, gañáronse 13 e empatáronse 2.

Ha cereferencia o Campión ao hat-trick de Tristán, lembrando os que fixeron os xogadores do Deportivo, indicando que fué Bebeto o que máis veces o conseguiu, cun total de cinco ocasiones. "Todos marcan" titula outro artigo no que se explica que os 15 goles que leva o Deportivo repártense entre 9 xogadores, e que nin Turu nin Djalminha marcaron aínda. Recolle o Campión as palabras de Irureta "Temos que seguir xogando así", "O importante é que o equipo siga forte en casa", que o equipo volve ao traballo pensando xa no Villareal, as palabras de Emerson "Por encima de todo está o equipo", de Donato "Isto non fixo máis que empezar" e de Molina "me parace ben que nos exigan estar arriba".

Marca
"Irureta rompe coa imaxe dun Depor conservador", engadindo que "o equipo ten equilibrio, oportunidades e goles". "Outro recital de Djalminha" en referencia ao gran partido que realizou o brasilño ante As Palmas, con rabonas, taconazos, caneos mareantes e xogadas de gol. Recolle Marca as palabras de Tristán "Espero facer moitos máis goles" "Este equipo ten un gran poder ofensivo".

Makaay reivindica un posto no once, indicando que o holandés "marcou un gol e dispuxo de tres ocasiones". Afirma o diaro que "As rotacións non pasan factura", que "os dianteiros recuperan a puntaría", e que dos 24 xogadores 4 non disputaron nin un só minuto (Songo'ou, César, Ramis e Duscher) e que ata agora só Molina e Manuel Pablo xogaron todos os minutos de Liga e Champions.