La Voz de Galicia
"Flavio falou con Lendoiro dunha oferta e da súa claúsula. O Depor sospeita que un equipo está a forzar a súa saída", di o diario, que asegura que na breve reunión de Flavio, os seus axentes e Lendoiro non se chegou, aparentemente, a ningún acordo.
O diario tamén di que o club deportivista vai a por Duscher segundo o diario A Bola, que Solari -que segundo o diario interesaba ao Deportivo- fichou polo Real Madrid e que o axente de Toni di que ninguén chamou do Deportivo.
A posible substitución de Fran do once titular ante Eslovenia por Mendieta é tamén noticia.
Deporte Campión
"Lendoiro non cede, Flavio queda" di o Campión, que asegura que Presidente e xogador reuníronse infructuosamente durante unha hora.
O diario di que a fichaxe de Toni está moi avanzado e engade que Solari prefire ao Madrid a Irureta xa que onte fichou polo club branco. Engade o Campión que Aguilera queda no Atlético, que Duscher está encantado do interese do Deportivo por el xa que lle gusta moito o Deportivo, que o Palmeiras non vende a Álex, que o Deportivo volve tentar a Riquelme e que, tras as fichaxes, o Deportivo deixará de ser o equipo coa media de idade máis alta aínda que nas súas filas estarán os dous xogadores máis veteranos da liga, Donato e Songo'ou.
O diario tamén exculpa a Fran da derrota de España ante Noruega e ve inxusta a súa substitución o vindeiro domingo ante Eslovenia.
Marca
"Flavio pretende que se lle revise o contrato. En caso contrario, quere unha rebaixa da súa cláusula" di Marca, que asegura que Irureta quere que siga no Deportivo. O diario asegura, ademais, que o Nápoles contactou con Turu Flores, que Duscher quere xogar no Depor.
O Ideal Galego
Di o Ideal que o Deportivo paga 800 millóns e vende a Barata para fichar a Emerson do Tenerife. Asegura o diario Barata fichou por catro tempadas
Galicia en Xogo
Di o diario deportivo online que Flavio vaise de vacacións outra vez sen acordo para aumentar a súa ficha.
Xornal
Di o Xornal na rede que Irureta non conta con Djalminha para a próxima campaña e asegura que o xogador ten ofertas dos Santos, a Premier League e o Bayern.
Diario de Navarra
Asegura este rotativo que o Osasuna quere que o Deportivo lle ceda a Nuno a próxima campaña.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.