RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Fran, Duscher e o mercado de fichaxes

As palabras de Fran, o capitán do Deportivo, unha vez finalizada a participación de España na Eurocopa, a viaxe de Duscher á cidade herculina e o movemento de xogadores dun equipo a outro son os temas que centran a actualidade deportivista.

La Voz de Galicia

"Fran recoñece que podía facer algo máis. Xogar a Eurocopa foi moi bonito- di o branquiazul" é o titular do diario, onde se inclúen as declaracións do xogador, que recoñece "para min estar na Eurocopa xa foi un éxito".

A Voz tamén recolle a lesión de Makaay no adestramento coa selección holandesa. O xogador estará de baixa tres meses. A viaxe de Duscher á cidade herculina, nos próximos días, o desprazamento dos dirixentes do San Lorenzo ata A Coruña para tratar de Abreu, o interese das Palmas por Nuno, Pirri, Ramis, Schürrer e Jaime e as declaracións de Valerón, que di que xogará no Atlético ou no Deportivo son as outras novidades.

O diario tamén recolle o adeus de Lendoiro á presidencia do Liceo despois de 28 anos e 28 títulos.

Deporte Campión

O Deporte di que Duscher di si e Molina di non ao Deportivo. O diario engade que Molina prefire rebaixar a súa ficha e seguir no Atlético mentres que Aldo Duscher viu a súa viaxe á Coruña atrasado polos voos. O diario tamén di que José Ramón pode fichar polo Racing, que o Tenerife quere seguir con Aira, que o Numancia pretende a David, que Valerón di que segue sendo do Atlético, que Nuno está entre Soria e Pamplona e que Tristán foi ofrecido ao Depor. Ademais, o Palmeiras pode reter a Sampaio ata xaneiro, di o Campión que o Deportivo se interesa por Juninho e que o fútbol brasileiro soña con Djalminha.

O diario tamén recolle as palabras de Fran, que non quere valorar as críticas á súa actuación. O deportivista di saber que puido facer algo máis e sente feliz de estar nunha Eurocopa. A súa favorita para gañar o título é Francia.

O Campión tamén recolle a inauguración da Pena Archilos en Corcubión, o próximo día 14. Ademais, a sardiñada da Pena Mauro Silva e a presenza de Pauleta e Makaay na Eurocopa.

Marca

Di Marca que o Arsenal ofrece ao Depor 4.000 millóns por Flavio. Ademais di o diario que Lendoiro pide a Canabal e Rodrigo por Flavio ao Madrid, aínda que segundo o rotativo o xogador ten os dous pés no Arsenal. Ademais, di este xornal que Valerón respecta o acordo que alcanzou co Deportivo xa que o seu irmán asinou un precontrato co Deportivo. O interese de varios equipos brasileiros por Djalminha e a decisión de Toni, que será antes do sábado así como a posibilidade de que Helder siga no Newcastle e o adeus de Lendoiro ao Liceo tras 15 anos de presidente son as noticias relacionadas co club branquiazul que publica o diario deportivo.

O Ideal Galego

O adios de Lendoiro ao Liceo e o acordo do Deportivo con Scaloni, ao que o club "atou" por 1.000 millóns para o próximos cinco anos son as novidades, do mesmo xeito que a viaxe de Duscher, que chegará á cidade herculina nos próximos días.

Axencia EFE

EFE recolle que Roy Makaay foi operado onte dunha lesión de ligamentos que o terá dous meses de baixa.

Libredirecto

O portal de fútbol en internet di que Valerón e Toni poderían ser do Deportivo a finais desta semana. Ademais di esta páxina web que Duscher será presentado como xogador branquiazul mañá ou pasado.

_________

Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com

__________

NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.