Resumo de prensa<br>Invictos na UEFA Champions League
Todos os diarios destacan o bo facer do Deportivo na liga de Campións, sendo o único conxunto dos 32 participantes que termina invicto esta primeira fase.
La Voz de Galicia Di A Voz que o Depor entra en Europa pola porta grande, que concluíu en primeira posición do grupo E tras o seu empate en Hamburgo e que a derrota da Juve coloca aos alemáns na Copa da UEFA. Lembra o diario que o Deportivo foi o único que acabou a primeira fase invicto e que os coruñeses lograron dúas vitorias e catro empates. A satisfacción do técnico e o persoal, os posibles rivais do Deportivo, un deles sairá de Milán ou Bayern, e o resto de resultados na competición completan a información deportiva da xornada.
Deporte Campión Coincide este diario coa Voz en que o Deportivo entra en Europa pola porta Grande. Destaca o diario a boa actuación de Emerson, o sorteo da segunda fase, mañá, a satisfacción de Irureta, a análise en profundidade do partido, a opinión do técnico alemán, que considera ao Deportivo o mellor do grupo, o orgullo dos xogadores e a eliminación da Juve e Barça, por mencionar a algúns grandes son outras das novidades do día.
Marca Destaca Marca que o Depor acaba líder e invicto, que é o equipo máis forte de Europa, que Makaay tamén debutou en Champions con gol, a esperanza do persoal de facer algo grande, a estrea de César e Ramis, o bo facer de Valerón e o olfacto de Makaay son as outras novidades que destaca este rotativo.