A renovación de Naybet ata o 2005, a organización do Mundial de Clubs e os pormenores do partido ante o Barça así como todas as estatísticas de enfrontamentos previos entre ambos os equipos centran a actualidade do día.
La Voz de Galicia O Depor buscará o seu fútbol turco no Camp Nou, di A Voz, que engade que o persoal está con moita moral ante un Barça tocado. O diario lembra que o Depor mellorará o seu record a domicilio se marca ao Barça xa que levan oito xornadas seguidas marcando fose. O perfil do Joan Gaspart, presidente o Barcelona, a renovación de Naybet, ata o 2005 con cláusula de 5000 millóns de pesetas ou a organización do Mundial de Clubs, onde Augusto César Lendoiro está convencido de que A Coruña será un exemplo de como organizar un evento así, completan as noticias do día.
Deporte Campión Di o Campión que o partido inaugural do Mundial será televisado a 250 países e que o sorteo será no Teatro Colón. O seis campos que albergarán o Mundial, a transcendencia que se lle dá ao evento desde a Xunta, a Deputación e o Concello así como a reunión co Concello do próximo martes así como a positiva valoración deste acontecemento desde o punto de vista turístico, hoteleiro e hostaleiro centran a actualidade. Pero o diario non esquece que Naybet renovou ata o 2005 e a satisfacción de todas as partes, así como a situación do Barça, coa defensa como punto débil, completan as noticias do día.
Marca Di Marca que o Depor espera acabar co gafe do Camp Nou xa que os coruñeses nunca gañaron en campo blaugrana. A confianza no Deportivo da clasificación en Champions, a renovación de Naybet, a titularidade de Makaay en Barcelona e a reunión co concello o vindeiro martes son o resto das novidades da xornada en branquiazul.