RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>O derbi

Todas as miradas apuntan ao partido que se disputará na tarde noite do sábado en Balaídos. Os derbis previos e as anécdotas centran a actualidade da xornada.

La Voz de Galicia
Xogadores e técnicos de primeira vaticinan un derbi incerto. A maioría aposta polo empate ou a vitoria do Celta pola mínima. O diario consulta con técnicos galegos e nacionais e xogadores de toda España acerca das súas impresións. O rotativo fai historia dos derbis pasados, da situación de ambos os equipos nestes momentos e do árbitro. Anécdotas e a rebaixa dun partido na sanción a Mostovoi así como a lesión de Duscher ou as impresións de Augusto César Lendoiro na entrevista de Pedro Ruiz completan a actualidade da xornada.

Galicia en Xogo
Francisco Javier González Pérez "Fran", recoñeceu hoxe que, unha vez apeado da liga de Campións, o obxectivo prioritario do Deportivo é conseguir o segundo posto, descartando case por completo o título de liga.

Deporte Campión
Di o Campión que a afección pide ao equipo que saúde aos seguidores desprazados nos distintos campos, que se cumpren as vodas de ouro do derbi Celta -Depor, as figuras do partido, a situación dos persoais, a baixa de Naybet e Songo'ou para o derbi, concentrados coa selección, a impresión doutros xogadores e técnicos, o primeiro derbi do colexiado Mejuto González, a moral recuperada por Fernando e a entrevista a Augusto César Lendoiro na 2 son as outras novidades.

Marca
Fran vai de record di Marca. Ademais o diario saca un especial do derbi no que se xogará sen dous magos: Djalma e Mostovoi.