RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>O Osasuna

O partido de mañá no Sadar, coas altas e baixas no persoal branquiazul e nos seus rivais, centra a información de todos os medios achega do conxunto deportivista.

La Voz de Galicia
Di A Voz que Romeu e Djalma será baixas en Pamplona e Parides pero que Irureta se disporá de Donato e que Capdevila e Valerón serán titulares no Sadar. O diario afirma ademais que o Deportivo non gañou nunca con Pérez Burrull como colexiado. O posible regreso de Fran a próxima semana aos adestramentos, os 26.065 abonados deportivistas, unha análise ao Osasuna, o equipo con menor orzamento de Primeira coa substitución de Nuno por Sanzol e a posible baixa de Vidakovic e unha entrevista a Capdevila, que asegura que lle gustaría ter a experiencia de Romeu.

Deporte Campión
Di o Campión que Fran e Romeu son a cara e cruz pola banda esquerda, Fran case recuperado e Romeu Baixa. O diario asegura que Capdevila e Fernando son unha garantía para a zurda así como Turu. O ensaio de onte para Pamplona, a baixa de Djalminha, as molestias de Changui, as críticas de Irureta e Naybet a unha información aparecida en Marca que os enfrontaba tamén son recollidas polo diario.
O campión recolle a opinión de Lotina, que considera que o Deportivo xoga ao campión e que hoxe se saberá se o técnico rojillo contará con Vidakovic. As estatísticas do Deportivo con Pérez Burrull, a viaxe a Pamplona en chárter e o do luns a París, tamén en voo chárter e o porqué non se enche Riazor que, segundo o diario é debido á televisión, o mal tempo e os horarios dos encontros.

Marca
A diario Marca insiste no enfrontamento Naybet -Irureta que ambos os protagonistas cualifican como trivial. O diario engade que Fran se ve adestrando a semana que vén, que o equipo aparca a Champions ata o luns e que agora se centran na liga, a baixa de Romeu para Pamplona, o traballo de hoxe a porta pechada, a venda de entradas para o derbi co Celta e a expectación dos medios franceses para o partido completan a actualidade da xornada.