RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>O Real Madrid

Os diarios seguen analizando os pormenores do encontro do sábado en Riazor. Os números, estatísticas, opinións e historia de enfrontamentos previos son o centro da actualidade.

La Voz de Galicia
Galicia aposta pola vitoria do Deportivo sobre o Madrid. Xogadores, técnicos e directivos decántanse por un triunfo coruñés mañá. O Depor presentará mañá un equipo de primeiro nivel e que as baixas non minguarán o potencial do conxunto coruñés. A procura dun título no Real Madrid, a idea de Guti de que se perden poden xurdir os nervios e a carreira de Figo, ex capitán do Barça e agora madridista aférrimo, completan a actualidade do día.

Deporte Campión
O Campión lembra as palabras de Morientes nas que dicía que o Deportivo parecía un equipo estranxeiro, o respecto do Madrid por Riazor e a situación do persoal branco, a revenda e poxa de entradas en internet para o partido, a entrevista a Augusto César Lendoiro en CNN+ onde afirmou que non cabe outra cousa que gañar e que Irureta continuará no Deportivo, a impresión dos xogadores de face ao encontro, os adestramentos, os números e as dúbidas de Del Bosque completan a actualidade do día.

Marca
O Depor meteulle ao madrid 22-7 en oito anos, di Marca, que achega datos e estatísticas dos enfrontamentos entre ambos os conxuntos. A preocupación de Irureta por Raúl, a posible presenza de McManaman e Solari xuntos, o árbitro, talismán para ambos os equipos e unha entrevista con Augusto César Lendoiro na que asegura que o Deportivo creceu máis que o Manchester e os bos resultados do Deportivo tras partidos de Champions así como as impresións dos protagonistas son o resto das novidades do día.

AS
Casillas xogará ante o Depor, Del Bosque: ?Quérolle coa cabeza sen presións para Riazor?

Futvol.com
Este portal di que a Deportivo espera ao Madrid con optimismo A vitoria no Camp Nou e o triunfo europeo ante o Galatasaray puxeron polas nubes a moral dos homes de Irureta. Lendoiro aposta por unha Liga emocionante a partir do sábado.