La Voz de Galicia
"O Barça é o equipo da federación", afirma Lendoiro é o primeiro titular que recolle este diario na sección deportiva. O diario di ademais que Lendoiro opina que o Real Madrid pinta moi pouco e que sospeita que alguén e non o computador designa aos colexiados. Gaspart silencia o conflito, engade o diario, "para non dar máis carnaza á fera". Non só é o Deportivo o que levanta a voz en contra dos favores aos grandes. O Málaga sóbese ao carro "Quitáronnos a ilusión por meternos arriba" laméntase Joaquín Peiró. O secretario da Federación Española de Fútbol en palabras do seu secretario Gerardo González, manifestou "quen teña probas contra os árbitros que as demostre, porque non valen as palabras ocas. Pola contra...Divos meu!"
O Comité Nacional de Árbitros tamén replica a Lendoiro e sobre as súas acusacións din "son unha monstruosidad dunha gravidade tal que é mellor nin respondelas...se se teñen probas dese tipo non se debe acudir aos medios de comunicación para difundilas senón ao xulgado..."
Tamén recolle o diario as estatísticas do árbitro do próximo domingo en Sevilla: ningún equipo gañou fose esta tempada con este colexiado.
Outro dos temas, menos polémico, que trata o diario, é a emoción de Donato polo agarimo mostrado pola afección e as palabras do seu pai "O meu fillo pona onde quere". Recolle este xornal que xa hai un acordo case total para a continuidade de Songo'ou e tamén a festa de confraternización que os Riazor Blues e os Biris celebrarán en Sevilla con motivo do encontro de ambos os conxuntos do domingo. A lesión de Romeu "será baixa entre catro e seis semanas" "É a miña lesión máis grave, pero que lle imos a facer"-di o xogador. Tamén recollen as palabras de Manel, posible substituto de Romeu, que di que non esperaba xogar máis esta tempada.
En canto ás novidades na selección, di A Voz que Camacho consolida a Fran e a Velasco como titulares.
DXT Campión
O diario local deportivo titula "Xustos ou pecadores" facendo referencia á polémica arbitral. Xa nas páxinas interiores di "Os árbitros deféndense" e recolle todo tipo de declaracións dos implicados. Entre as opinións destacan a do Presidente do Comité de Árbitros "os árbitros equivócanse do mesmo xeito que xogadores que valen miles de millóns". Hernánz Angulo, ex-colexiado, di que "comparto en gran parte o que di Lendoiro, pero isto tense que dicir antes de que comece a tempada"
"Existe protección especial ao Barça" onde recollen as palabras do Presidente branquiazul en Radio Nacional, criticando o sistema de designación arbitral. "Queremos que os árbitros sexan independentes".
Tamén recolle o DXT que Bassir solicitará o seu traspaso e que Songo'ou seguirá un ano máis con opción a un segundo e engade o diario que o gardameta deportivista quería seguir na cidade herculina.
A viaxe dos Riazor Blues a Sevilla, e o programa que a Radio Galega dedica esta noite ao Deportivo son outras das novidades.
Tamén recolle a nova formación nas bandas branquiazuis coa baixa de Romeu: Manel e Manuel Pablo e o último test dos internacionais dando conta dos encontros que disputarán os deportivistas que están coas súas seleccións: César hoxe contra Italia na sub-21; Flavio tamén hoxe ante Colombia e Makaay, Pauleta, Fran e Jokanovic mañá ante Bélxica, Dinamarca, Italia e China respectivamente.
O Ideal Galego
"O Barcelona só perdeu un partido do trece que lle dirixiu Daudén Ibáñez" onde fan un recompilatorio das estatísticas arbitrais e onde se fan eco tamén das declaracións de Lendoiro e da Federación Española de Fútbol.
"O Depor asume a súa materia pendente" onde analizan os números do equipo en casa: matrícula de honra, mentres que din que hai que romper a serie negativa fóra de casa.
"Romeu será baixa de catro a seis semanas por mor dunha escordadura nun xeonllo", "Songo'ou renova o seu contrato por unha tempada máis con opción a outra" e "Nourredine Naybet viaxa a Barcelona para acompañar a varios ministros marroquís" son os outros titulares relacionados co Deportivo que inclúe O Ideal na súa edición de hoxe.
__________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
