La Voz de Galicia
Di A Voz que o Deportivo emprende en París a conquista futbolística de Europa e que Donato, Sampaio e Turu poderían regresar ao once titular. O diario afirma que Anelka non xogará por molestias musculares e que Irureta dubida entre Emerson e Sampaio na medular.
Para Irureta o PSG ten un xogo comparable ao da selección gala e que Bergeroo está impresionado con Emerson e a medular coruñesa. A negativa de Anelka a falar coa prensa, as queixas de Makaay, que quere ser titular esta noite, o adestramento a porta pechada do PSG, a gran cantidade de afeccionados branquiazuis, os eloxios entre a prensa gala ao equipo deportivista, a advertencia de Madar, que cre que o Depor non debe ir defender, o suposto interese branquiazul en Guayre segundo a prensa canaria e a ausencia de ganas de desquite entre o equipo pola eliminación da Recopa no 96 completan a actualidade branquiazul.
Deporte Campión
Di o Campión que o Deportivo busca a consagración entre os grandes e que Anelka non xogará esta noite. A afluencia de público, coa venda de máis de 600 entradas no centro galego, as ganas de Bergeroo de que o seu equipo xogue ao 120 por cen. Para Javier Irureta o Deportivo é moito máis que un equipo sólido e compacto, tamén busca o gol. Para o técnico branquiazul o PSG fai o prototipo de fútbol francés cun gran fútbol en casa.
Para Sampaio o Deportivo é o equipo a bater e para Manuel Pablo hai que manter a humildade e "a historia non conta". As contas de Tristán coinciden coas de Irureta e Makaay está desgustado por non ser titular. A coincidencia no campo de Naybet e O Karkouri, compañeiros na selección e hoxe rivais, a ausencia de Anelka e a recepción da pena deportivista en París ao Deportivo no Hotel son as noticias do día relacionadas co Deportivo.
Marca
Para Marca o Depor enfróntase ao seu maior desafío ante o PSG, o seu primeiro rival no chamado grupo da morte. Makaay asegura vir gañar. Para este diario o PSG é a besta negra dos españois e xa eliminou aos branquiazuis na Recopa. Irureta porá a Tristán, Turu, Víctor e Valerón no once inicial para buscar a velocidade e Jabo pídelle a Tristán que marque o primeiro gol fóra de casa, asegura este rotativo. O obxectivo branquiazul é seguir invictos e di o diario que Mauro asegura que puntuar o o PSG sería fantástico.
Diario AS
Di AS que o Deportivo sente aliviado ao non xogar Anelka.