RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Pensando na Valencia

Agora todas as miradas céntranse no partido do sábado ante a Valencia, no que o Deportivo tentará facer esquecer a imaxe dos dous últimos partidos. Os diarios dedican as súas páxinas a analizar en profundidade os pormenores do enfrontamento.

La Voz de Galicia
Di A Voz que a Valencia volve atoparse na senda do Depor nun partido crítico e que os coruñeses queiren traspasar a fochanca de xogo aos levantinos. O auto descarte de Sampaio para o partido, o interese do Lleida en Renaldo ou as ganas da Valencia de gañar de calquera xeito así como a relación amor-odio do técnico da Valencia, Cúper, e a afección, completan a actualidade do día. O diario tamén lembra que Flavio pasará polo quirófano e será baixa tres meses no Madrid.

Deporte Campión
Fala o Campión con Irureta que considera que hai que xogar con rigor e vitalidade. O técnico afirma que necesitamos gañar á Valencia o sábado e recoñece que hai que buscar solucións nos partidos fóra de casa. O diario analiza as claves da derrota que na súa opinión están na falta de posesión, na falta de reacción e na actitude. A eterna materia pendente dos desprazamentos, o regreso de Donato, a baixa de Naybet, seleccionado, a análise ao persoal, a alta médica de Fran e Turu, a marcha de Renaldo ao Lleida, o interese do Tenerife en Ramis ou o do Elxe en Kouba así como a análise de Carew, novo ídolo de Mestalla ou as críticas en Valencia polo xogo do equipo son as outras novidades do día.

Marca
Di Marca que Irureta non atopa o seu once ideal e que en 17 xornadas non repetiu equipo. O gafe de xaneiro, segundo o diario, para o Deportivo, o recoñecemento de erros por parte do persoal, a evolución de Mauro e Víctor, o regreso de Donato, a recuperación de Tristán ou a analítica de sangue e ouriños a todo o cadro de persoal completan a actualidade do día.