RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Pensando no Celta

O encontro do sábado ante o Celta de Vigo xa centra a atención de todos os medios que ven o derbi como a forma de esquecer a eliminación da Champions.

La Voz de Galicia
O Celta medirá as cicatrices continentais do Deportivo, di A Voz, que engade que o preparador físico afirma que o equipo se recuperará ben. A inminente renovación de Irureta, as viaxes a Vigo organizados e a negativa de empresas de transportes a levar aos grupos deportivistas a Vigo, a presenza de Lendoiro na Noite Aberta, a convocatoria de Hélder, a homenaxe a Donato en Celas de Peiro ou as queixas do Celta polas sancións a Mostovoi e Berizzo completan a actualidade do día xunto cunha entrevista a Fran na que o capitán branquiazul afirma que os futbolistas non poden xogar sempre como unha máquina.

Deporte Campión
O Campión segue despedíndose da liga de Campións ata agosto e di que o Depor estivo entre o oito magníficos. Os ingresos, os partidos de gloria na primeira aventura en Champions, os participantes, a recuperación de onte, a viaxe a Oviedo e a Vigo, a concentración para Balaídos, a homenaxe a Donato en Celas de Peiro e as dúbidas no Celta para recibir ao Deportivo son as noticias da xornada.

Marca
Marca publica un especial sobre o derbi no que fala Catanha, Donato, Djorovic, coméntase a posible renovación de Irureta. Marca valora positivamente ademais a traxectoria herculina en Champions...

A Opinión
Molina e Donato cren que o principal é asegurar a segunda praza e seguir pelexando pola primeira. Destaca o diario o victimismo celeste xa que Cáceres afirma que lle preocupa a actuación de Mejuto o vindeiro sábado. Orgullo para Galicia O Dépor, único club galego que xogou a Champions, converteuse no primeiro motivo de orgullo da colonia galaica .

Libredirecto
O persoal do Deportivo da Coruña tivo este mércores en Riazor unha sesión de recuperación para volver ao traballo habitual de preparación ante o compromiso do próximo sábado en Balaídos ante o Celta.