RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Resumo de prensa<br>Preparando a visita a Santander

Cando aínda se segue falando do partido en Atenas, que significou o debut deportivista en Liga de Campións, xa todas as miradas están postas no partido do sábado no Sardinero ante o Santander.

La Voz de Galicia
O diario asegura que o Deportivo asinou en Grecia o seu mellor inicio continental xa que, por segunda vez, o equipo non perde na súa estrea. Di o diario que Naybet entra na historia branquiazul grazas ao seu gol e que os diarios gregos se ensañaron co Pao. O diario fala con Naybet, que asegura que aínda pode dar máis, que hoxe termina o prazo para dar a lista de xogadores para a liga, que a Federación de penas viaxa a Santander e que o pleno do Concello debate o convenio co Deportivo. O incremento do número de socios co aliciente da liga de Campións e a situación do Racing, que cambia estrelas por carácter no seu xogo coa única novidade de Estévez nas súas filas son as novidades da xornada.

Deporte Campión
O diario dedica as súas primeiras páxinas á lista de xogadores que o Club debe dar hoxe na Federación cos inscritos na liga. A dúbida de Ramis ou Schürrer centran as cábalas do xornal que fai un percorrido pola situación de todos os deportivistas cedidos noutros conxuntos. Ademais o diario fai fincapé na necesidade do apoio dos afeccionados nunhas xornadas tan duras nas que os deportivistas teñen que viaxar constantemente. As declaracións do xogador do Pao, Sousa, que admite que tras o seu gol o Deportivo presionou moi ben, a baixa de Djalma en Santander así como a baixa do capitán do Hamburgo para o partido do martes e a preparación do partido no Sardinero son todas as novidades da xornada.

Marca
Di o diario que o Depor segue sen coller o ton lonxe de Riazor, que Kouba e Iván están resignados a quedar na Coruña, que Warzyccha foi o autor do primeiro gol encaixado en seis partidos, que Fran está satisfeito polo punto conseguido, que o partido do martes ante o Hamburgo será televisado en directo por TVE-1, que hoxe saen para Santander para o partido de mañá ao sete da tarde, que Irureta comeza mañá as rotacións para dar descanso a algún titular e que Djalminha reuniuse con Lendoiro. Ademais afirma Marca que Ramis sería o central que deixaría o club xa que o seu contrato acaba este ano.