O pouco movemento característico destas datas é a nota predominante en todos os medios que fan un repaso da actualidade deportivista nos últimos meses.
La Voz de Galicia Este diario fala de Manuel Pablo e Cáceres, os dous xogadores de campo que máis minutos disputaron durante o 2000 e o diario fai unha descrición da traxectoria de ambos. A Voz lembra ademais que Deportivo e Celta fixeron historia nos últimos doce meses e que a liga do Deportivo é o maior éxito do fútbol galego.
Deporte Campión O campión fala con Djalminha que asegura que ao equipo aínda lle falta rodaxe, que o seu desexo é seguir no Deportivo e que se o equipo vai a máis, el irá a máis. A dureza do calendario no mes de xaneiro, a proximidade do partido coa Valencia, o traballo de Hélder para volver ao equipo, o traballo de Augusto César Lendoiro tamén en datas do Nadal, as garantías na portaría de Molina, Songo'ou e Dani Mallo, a entrada do Hearts of Oak, un equipo africano, no Mundialito ou as ganas do Tenerife de enfrontarse ao Deportivo en Copa son as outras novidades da xornada.
Marca Di Marca que o Deportivo se fixo grande na última década e que é o terceiro mellor equipo dos últimos anos con 4 títulos. O traballo de Fran e Djalminha tamén en Nadal ou a esperanza de Víctor de facer do 2001 algo como no 2000 son as outras novidades da xornada.