La Voz de Galicia
"O Mallorca virá a por Tristán se non ten a Eto'o", di o diario, que asegura que en Palma sentou mal que o ariete se presentase co equipo e que Lendoiro está á espera de que o conxunto balear remita o contrato.
Ademais di o rotativo que Víctor, Manuel Pablo e Dani Mallo foron convocados e que os tres se mostraron felices.
Así mesmo A Voz entrevista a Diego Tristán, que afirma que este ano quere máis de 18 goles e que recoñece ter sorte nos últimos anos. A chegada da Lazio, hoxe, e o seu adestramento na Torre, a despedida de Manel, José Manuel e Pirri, que se van a Soria cedidos e os detalles do rival deportivista no Teresa Herrera completan a actualidade informativa da xornada relacionada co Deportivo.
Deporte Campión
A dereita de España é do Depor, titula o Campión facendo referencia á convocatoria de Manuel Pablo e Víctor. E tamén a convocatoria de Dani Mallo son as novidades que ocupan as primeiras páxinas do diario.
O diario tamén recolle a despedida de Manel, José Manuel e Pirri e recoñece que Iván, Changui e Bassir interesan ao Elxe. O resumo do adestramento de onte e a viaxe de Djalminha e Sampaio a Brasil para incorporarse á súa selección así como a recuperación de Valerón, a chegada da Lazio hoxe, e o ritmo de vendas de entradas son as noticias en branquiazul que inclúe o diario.
Marca
Di Marca que Víctor está só na banda dereita, que Manel se vai sen recibir explicacións, que o traspaso de Tristán será renegociado se se vai a Mallorca, que a Lazio chega hoxe, que Tristán pode debutar no Teresa Herrera e que o xogador manifesta "se non veño a un grande, non saíse da illa".
O Ideal Galego
Titula O Ideal "Camacho convoca a Manuel Pablo e Víctor para xogar ante Alemaña" e engade que "Manel, Pirri e José Manuel serán presentados esta tarde como novos xogadores do Numancia". Así mesmo afirma o rotativo "O sevillano Diego Tristán comezou a exercer como xogador do Deportivo" e en relación ao partido de mañá "O Lazio chega hoxe para xogar o Trofeo Teresa Herrera".
O Correo Galego
Di este diario "O DEPORTIVO cede a Manel , a José Manuel e a David Pirri ao Mérida".
La Estrella Dixital
"O Dépor xogará o primeiro partido en RIAZOR mañá , contra o Lazio , no Teresa Herrera", lembra este xornal online.
Faro de Vigo
O diario da cidade olívica afirma que o Deportivo debe descartar a once xogadores antes do día 20.
Libredirecto
Este portal deportivo entrevista a Manuel Pablo e Víctor como debutantes na lista de Camacho.
_________
Se les en internet algunha noticia relacionada co Deportivo, non dubides en enviarnos a dirección á nosa redacción: redaccion@canaldeportivo.com
__________
NOTA: A elaboración dun resumo de prensa por parte da redacción de canaldeportivo.com non implica que o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D. estea de acordo ou en desacordo coas noticias que nel aparecen, e non é o responsable dos contidos e opinións que se inclúan nas páxinas que o compoñen.