RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo entregou as insignias de ouro aos 17 abonados que cumpren 50 anos de fidelidade ao Club

O RC Deportivo celebrou un emotivo acto de homenaxe aos 17 socios e socias que cumpren 50 anos como abonados da entidade. Nun ambiente cargado de emoción e orgullo branquiazul, o presidente do Club, Juan Carlos Escotet Rodríguez, fixo entrega das insignias de ouro a quen demostraron, durante medio século, un amor inquebrantable ao Dépor.

A cerimonia, que tivo lugar no Estadio ABANCA-RIAZOR, recoñeceu publicamente aos deportivistas que acompañaron ao equipo durante os últimos 50 anos, tanto nos momentos de gloria como nos máis difíciles; e que este ano son os seguintes:

EDUARDO RAMÓN PARDO
ANA MARÍA GAGO CORTÓN
JUAN RAMÓN QUINTÁS VÁZQUEZ
JOSÉ LUÍS VÁZQUEZ TRAVIESO
JOSÉ LUÍS CASTELO COUSO
MANUEL MARIÑAS SOUTO
ANDRÉS MARQUÉS VELO
SAMUEL RIGUEIRA REY
JOSÉ LUÍS GÓMEZ GARCÍA
ANTONIO BLANCO LÓPEZ
JOSÉ LUÍS SÁNCHEZ VÁZQUEZ
CARLOS SOUTO BARRAL
FERNANDO LÓPEZ OTERO
JORGE MORENO CRUZ
JOSÉ ANDRADE CERNADAS
CELSO OTERO SOUZA
LUÍS REY MOURE

Escusaron a súa asistencia esta tarde JOSÉ ARES VÁZQUEZ e MANUEL OLIVEIRA CALVO.

O presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez destacou no seu discurso a importancia da fidelidade e o compromiso destes socios, verdadeiros exemplos do sentimento branquiazul.

"Hoxe, ao imporvos a insignia de ouro do Club queremos rendervos homenaxe e expresarvos noso máis sincero agradecemento. Sodes a alma do Club, o exemplo vivo do que significa ser deportivista", sinalou o presidente ante os homenaxeados.

O RC Deportivo reafirma así o seu compromiso de coidar e recoñecer a quen fixeron do Dépor unha parte esencial das súas vidas.