RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Riazor fai a onda

Un gol de Turu e un hattrick de Makaay deron a vitoria ao Deportivo en Riazor ante un Atlético que se afunde nos postos de descenso da táboa. Aínda que Hasselbaink reduciu as distancias cun gol no segundo tempo, a vitoria branquiazul foi contundente ante

Comezaba o partido cun Deportivo bastante frouxo que tan só puxo en apertos a Molina nun par de disparos mentres Riazor temíase o peor ante os ataques dos perigosos dianteiros branquivermellos. Pero no minuto 20 chegaba o primeiro tanto branquiazul que ía dar a volta ao partido. Un saque de falta de Donato raso á área chega a Turu, que fai un control en semifallo pero consegue rematar raso por baixo do corpo de Molina. Un tanto tras o que o Deportivo se fixo co control do balón e do xogo.

Tras unha serie de aproximacións a ambas as áreas, sobre todo de Hasselbaink e Kiko no Atlético e de Makaay polos branquiazuis, era o propio holandés do Deportivo o que, a cinco minutos do descanso, remata a pracer un centro chute de Víctor rexeitado por un defensa. Molina non pode facer nada por evitar o segundo gol deportivista. Cando o porteiro branquivermello non tivera apenas tempo de reaccionar, no 43, o propio Roy Makaay marca un novo gol desde o pico da área nunha posición moi escorada cando o gardameta saíra da porta e atopábase moi adiantado.

Era o tres cero no marcador que daba tranquilidade ao conxunto de Irureta para afrontar a segunda parte ante a súa besta negra en Riazor.

Na continuación, os deportivistas saen demasiado confiados e o Atlético faise co balón. No minuto 8 Hasselbaink queda só ante Songo'ou tras un erro na defensa e o holandés bate ao gardameta camerunés dun tiro forte centrado.

O Atlético non cella no seu empeño de remontar un partido que se lle puxo moi complicado na primeira metade e pon cerco á portaría deportivista con varias ocasións de perigo.

O equipo branquiazul tamén dispón de varios contraataque moi perigosos nun partido moi rápido e dinámico en que os tiros a porta sucédense constantemente.

O Atlético non tivo sorte nas súas ocasións e Makaay sentenciou aos de Antic no minuto 39 cando o primeiro balón que toca Scaloni tras entrar no terreo de xogo, deixa a Makaay completamente só no un contra un ante Molina e, tras regatealo, báteo en disparo a pracer á portaría conseguindo un Hat trick que o sitúa en cuarta posición na táboa de anotadores da liga.

Riazor é unha festa

Os últimos minutos do encontro foron unha auténtica festa en Riazor. A afección gozou desta vitoria que reafirma ao Deportivo no liderado cando quedan seis partidos para o final desta intensa Liga. Os deportivistas apoiaron e animaron ao equipo ao berro de "que bote, que bote, que bote Riazor!" e acompañaron a goleada coa onda nas bancadas.

Como contraste, os escasos afeccionados colchoneiros que se desprazaron ata a cidade herculina para ver o encontro, que abandonaron o Estadio abatidos vendo ao seu equipo encamiñarse inexorablemente cara á Segunda División.

Á espera do resto dos partidos da xornada, o Deportivo é líder a cinco puntos do Barcelona e traslada toda a presión ao equipo catalán.