RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Riki, ingresado cunha posible apendicitis

O dianteiro deportivista Riki atópase ingresado desde esta pasada madrugada no Hospital USP Santa Teresa da Coruña afectado dunha posible apendicitis, a falta de confirmación definitiva dos médicos.

Por conseguinte, o dianteiro madrileño non estivo esta mañá no adestramento do Deportivo no Mundo do Fútbol. Foi unha sesión de recuperación, con vídeo na Sala de Audiovisuais, ximnasio e masaxe.

Mañá sábado, o equipo está citado ás 10.30 no Mundo do Fútbol para realizar a última sesión de traballo previa ao encontro ante o Málaga.