RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Rochela móstranos como funciona ''a Masía'' do Dépor

var ivPlayer1822792 = new IVPlayer("350", "285",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1822792.playVideo('player1822792', 'entrevistarochela_06_05_2009_ts.mpg'

O Real Club Deportivo, a través do seu psicólogo Macario Bravo, controla que a vida destes 24 mozos, que ademais de xogadores non deixan de ser adolescentes, procedentes de toda España (Catalunya, A Rioxa, Cáceres, León e por suposto de todos os recunchos de Galicia), sexa "o máis parecida posible a que se estivesen na súa casa". "Controlamos horarios de entrada e saída da Residencia onde están, por suposto a asistencia a clase, as súas notas... Estamos por iso en permanente contacto coas súas familias", apunta.

O Club é moi estrito á hora de esixir formación académica. "Organizámoslles clases de apoio nunha Academia se vemos que as notas baixan e mesmo fan tarefas nas aulas que temos no Mundo do Fútbol antes dos adestramentos", advirte Macario Bravo. É máis, déronse caso incluso esta tempada de dar baixas a futbolistas "que non tiñan un comportamento adecuado. O mellor é que o seu conduta se lle reconduza coa súa familia. Algún deles apuntaba que ía ser un bo xogador. Aí sacrificouse a súa faceta deportiva pola familia".