RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Samara Ortiz admite que "gañar puntos fai estar con menos presión"

Samara Ortiz subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "estamos moi contentas porque desde o partido de Logroño vimos facendo bos partidos".

Cre que o 1-6 ante o Madrid CFF o pasado domingo "foi un subidón porque era contra un gran rival. É unha vitoria que nos reforza moitísimo para seguir mirando cara arriba".

A defensora do Dépor ABANCA admite, con 20 puntos na clasificación da Liga F, "estamos a atoparnos mellor. Gañar puntos fai estar con menos presión. Tocamos máis balón, estamos a ter máis posesión. É unha tranquilidade".

Samara recalca que "o equipo cada vez está a xogar mellor, estamos a ir máis altas a presionar, máis agresivas, tendo máis calma con balón, movéndoo dun lado a outro e estamos a ser efectivas de cara a porta que é importante".

Pide ir "partido a partido, tentar facer estes 3, que se den resultados bos que nos favorezan, seguir coa dinámica e todos os puntos que poidamos facer, mellor".

Vaticina este sábado 14 de febreiro ás 16:00 (Dazn e RTVE) en ABANCA-RIAZOR un partido "complicado porque o Sevilla FC vén en moi boa serie. Convido a #ANOSAFORZA que veña porque os necesitamos. Oxalá sexa un gran partido".

Do conxunto andaluz Samara di que "está a facer unha moi boa temporada, con xente moi rápida arriba. Teñen experiencia e virán súper motivadas".