RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Santa Mariña en benjamines e Vitoria en prebenjamines gañan o Torneo do R.C.Deportivo · Liga BBVA

A Santa Mariña en categoría benjamín e a Vitoria A en prebenjamín foron os gañadores da decimosegunda edición do Torneo Real Club Deportivo · Liga BBVA, a gran festa do fútbol base galego que tivo lugar hox


- Santa Mariña -


- Vitoria -

Nas finais, o Santa Mariña impúxose ao Choco (2-1), mentres que a Vitoria A fixo o propio co Imperátor (3-1).


- Choco -


- Imperátor -

Entregaron os trofeos aos gañadores José Antonio Santiso Miramontes, alcalde de Abegondo; Enrique de la Fuente Subiela, director do centro de banca comercial de BBVA; Fernando Vidal, Martín Pita, Juan José Xaén e Daniel Ramos, conselleiros do Real Club Deportivo; o Dr. Diéguez, de HM Hospitais; e os futbolistas do primeiro equipo Wilk, Pablo Insua e o fabrilista David Gómez.

Foron un total de 2.400 novos futbolistas de 144 equipos de toda Galicia os que competiron desde as 9.00 da mañá ininterrompidamente ata as 21.00 horas.

Toda unha marca de participación nun torneo que é xa unha referencia no fútbol basee en Galicia e en toda España.

Podes consultar aquí os resultados completos do torneo.

Espazo de lecer e diversión no campo de herba artificial

Unha das novidades que presentou o torneo é que, por primeira vez, habilitouse o campo número 8 (céspede artificial) da Cidade Deportiva para albergar todo o espazo de información, lecer e restauración. Unha barra de case de 50 metros de lonxitude, unha terraza, inchables ou unha exposición de Louzao conviviron coas carpas de organización do Torneo nun espazo de máis de 8.000 metros cadrados.

Houbo a disposición de todos menús con bebidas, xeados, hamburguesas, pizzas ou churrasco ao alcance de todos os petos.
Ademais, os trofeos de Campión de Liga BBVA e Liga Adiante conseguidos polo Real Club Deportivo estiveron presentes para que os nenos e afeccionados fixésense fotos de recordo.

Agradecemento a HM Hospital Modelo e Cruz Vermella

HM Hospital Modelo, coa presenza dun médico especialista, e Cruz Vermella, cunha ambulancia medicalizada, ofreceron cobertura sanitaria ao torneo.

HM Hospitais continúa deste xeito con firme aposta de apoio médico ao Real Club Deportivo, do mesmo xeito que Cruz Vermella co histórico apoio en socorros que presta ao Club.

As máis de 5.000 persoas que se pasaron ao longo do día por Abegondo, entre familiares, amigos e afeccionados, gozaron con total tranquilidade da xornada festiva. Ademais, HM Hospitais, a través do HM Hospital Modelo, concienciaron a todos os presentes da importancia dun correcto control de riscos cardiovasculares para evitar problemas coronarios, a través da campaña "Non te arrisques, corazón" da que son imaxe Germán Lux e Fabricio Agosto.

Pola súa banda Cruz Vermella aproveitou a presenza da súa ambulancia medicalizada e os seus voluntarios para achegar de maneira lúdica e formativa aos presentes técnicas e prácticas de primeiros auxilios.