RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Segunda quenda do DéporCampus Nadal Cabreiroá repartido entre Alvedro, Club del Mar, colexio Santa María del Mar e Pontedeume

Este luns 29 de decembro comeza a segunda quenda do DéporCampus Nadal Cabreiroá, que se prolongará o martes 30 e o mércores 31 de decembro.

O horario será o habitual, de 10:00 a 14:00 horas.

Hai un total de 200 inscritos, repartidos nestas sedes: Alvedro (15), Pontedeume (65), Club del Mar de San Amaro (19) e Colexio Santa María del Mar (109).

Dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos, fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Gozarán de sesións de adestramento adaptadas á súa idade e nivel, dirixidas por técnicos de #ANOSACANTEIRA, nunha contorna formativa que combina deporte, diversión e convivencia.

Do mesmo xeito que na primeira quenda, haberá sorpresas, sorteo de agasallos e diplomas a todos os nenos e nenas, ademais de snaks saudables en colaboración con FEIRACO e GADIS.

O DéporCampus Nadal Cabreiroá consolídase como unha experiencia única para vivir o deporte durante as vacacións de Nadal, fomentando hábitos saudables e o sentimento de pertenza desde idades temperás.

O RC Deportivo reforza o seu compromiso co deporte base e con iniciativas que promoven a formación integral dos máis novos.