RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Segundo partido este venres 7 para Nico Balbas no Mundial sub-17, con Zambia como rival

-Foto:@https://ffh.hn/

 

Nico Balbas (na foto o terceiro futbolista empezando pola dereita) está concentrado coa selección de Honduras sub-17 con motivo da disputa do Campionato do Mundo de Catar.

O segundo rival do canteirán nesta Primera Fase será este venres 7 de novembro Zambia, nun choque que arrincará ás 16:45.

A selección africana venceu por 1-3 a Indonesia no seu primeiro partido.

Nico Balbas foi titular no debut de Honduras no torneo ante Brasil, saldado con triunfo brasileiro por 7-0.

Foi substituído por Palacios no transcurso do encontro.

O calendario de Nico Balbas é o seguinte:

Martes 4 de novembro
BRASIL 7 - HONDURAS 0

Venres 7 de novembro
16:45: ZAMBIA - HONDURAS en Aspire Zone (campo 9) en Doha

Luns 10 de novembro
15:45: HONDURAS - INDONESIA en Aspire Zone (campo 9) en Doha

Nico Balbas únese a outros 2 canteiráns branquiazuis que tamén tiveron cita mundialista esta temporada: David Mella en categoría sub-20 e Antía Veiga tamén en sub-17.