RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Semana de torneos amigables con citas en Ordes, Arteixo, Vigo, A Coruña, Ribadeo e Asturias

A última semana do ano 2002, sen competición oficial, está completa desde mañá luns de torneos amigables para varios equipos de #ANOSACANTEIRA.

Haberá representación branquiazul en Ordes, Arteixo, Vigo, Grao (Asturias), A Coruña e Ribadeo.

Mañá luns 26 de decembro arrinca a semana coa Arteixo Cup para os cadetes en Ponte dos Brozos e co Torneo de Ordes para os dous equipos benxamíns.

Pola súa banda, o Alevín A xoga en Vigo o Torneo de Nadal o xoves 29; mentres que o venres 30 entran en acción o Orzán SD Infantil Feminino en Grao (Asturias) e os dous equipos alevíns na Grela 1 (A Coruña), no tradicional torneo do Ural Español CF.

Finalmente, Deportivo Fabril, actual líder da Terceira RFEF, e o CD Lugo B Polvorín FC, campión a pasada campaña da citada categoría e agora no grupo 1º de Segunda Federación, pelexarán o venres 30 de decembro pola LXXI edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos decanos do fútbol internacional xunto co Teresa Herrera. O partido, organizado polo Ribadeo FC, xogarase no Municipal Pepe Barrera de Ribadeo a partir das 16:30 horas. A entrada de público custa 10 euros, segundo fixou a organización. A presente edición do torneo íana a disputar o RC Deportivo e o Unionistas de Salamanca CF o pasado 20 de agosto pero foi finalmente suspendido debido ao compromiso oficial do conxunto salmantino en Copa Federación. Si se celebrou o pasado mes de agosto a II edición do Trofeo Emma Cuervo feminino, que levou o Dépor ABANCA ao derrotar ao Real Oviedo na quenda de penaltis (4-2), despois de que o encontro acabase con igualada (1-1).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira RFEF

LXXI Trofeo Emma Cuervo

Venres 30 de decembro

16:30: FABRIL - CD LUGO B POLVORÍN FC, no campo Pepe Barrera (Ribadeo)

Categoría feminina

I Grao Cup Feminina en Grao (Asturias)

Venres 30 de decembro

Primeira Fase

10:15: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - GIJÓN FF B (campo Vega de Anzo)
11:00: SPORTING DE GIJÓN - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo do Casal)
12:30: REAL OVIEDO B - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo Vega de Anzo)

Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais mentres que os outros disputarán unha Fase de Prata, todo iso a partir das 16:00 horas

Categoría cadete

I Arteixo Cup, en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Luns 26 de decembro

Primeira Fase

11:00: ATLÉTICO ARTEIXO - DEPORTIVO (campo 1)
16:00: DEPORTIVO - RSD ALCALÁ (campo 1)
17:00: URAL ESPAÑOL CF - DEPORTIVO (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogarán o martes 27 a partir das 11:00 horas

Categoría alevín

V Torneo de Nadal Concello de Vigo, no campo de Pahiño (Navia)

Xoves 29 de decembro

Primeira Fase

10:10: FC PORTO - ALEVÍN A
10:50: ALEVÍN A - FINALISTA TORNEO PREVIO
12:50: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN A

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o resto pelexará pola súa clasificación final

Torneo de Nadal do Ural Español CF na Grela 1

Venres 30 de decembro

Primeira Fase

09:30: ALEVÍN A - VICTORIA CF (campo 1)
09:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
11:10: ALEVÍN A - RACING DE FERROL (campo 1)
11:35: EF LUÍS CALVO - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
12:50: ALEVÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 1)
13:15: FABRIL FC ALEVÍN - SDCyR NARÓN FREIXO (campo 2)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 15:00 horas

Categoría benxamín

Torneo de Ordes no campo Vista Alegre

Luns 26 de decembro

Primeira Fase

10:30: URAL ESPAÑOL CF - BENXAMÍN A (campo 1)
11:00: SAN TIRSO SD - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
11:30: BENXAMÍN A - ATLÉTICO PERILLO (campo 2)
12:00: FABRIL FC BENXAMÍN - ED LUÍS CALVO SANZ (campo 1)
12:30: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A (campo 2)
13:00: CD CALASANZ - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)

Os dous primeiros accederán a unha Fase Ouro mentres que os outros dous xogarán unha Fase Prata, todo iso a partir das 16:00 horas