RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana longa de traballo para As Nosas con final en Badalona para "tentar replicar fóra as actuacións que temos en ABANCA-RIAZOR"

O Dépor ABANCA arrinca este martes unha semana longa de traballo que concluirá o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 no Estadi Municipal de Badalona ante o FC Badalona Women, en partido correspondente á 16ª xornada na Liga F, primeira da segunda volta.

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante o UD Costa Adeje Tenerife, deixaron ás Nosas en 13ª posición con 14 puntos.

Fran Alonso márcase como obxectivo nesta segunda volta "tentar replicar fóra as actuacións que temos normalmente en ABANCA-RIAZOR"

O corpo técnico disporá de 4 sesións de traballo matinais no campo 6 do Dépor Training Center.

A sesión do sábado 17 adiántase ás 9:30 posto que ao concluír, o Dépor ABANCA partirá de viaxe a Barcelona.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 13 de xaneiro
10:30 h.

Mércores 14 de xaneiro
11:00 h.

Xoves 15 de xaneiro
11:00 h.

Venres 16 de xaneiro
11:00 h.

Sábado 17 de xaneiro
9:30 h.

Domingo 18 de xaneiro
12:00: FC Badalona Women - Deportivo ABANCA, no Estadi Municipal de Badalona