RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL FC

Semifinal do Torneo Delegación para o Fabril FC Alevín ante o Victoria CF, este mércores ás 18:30 en Meicende

O Fabril FC Alevín, como campión do grupo A de o Torneo Delegación, encara as semifinais do trofeo.

O seu rival será o Victoria CF, campión do grupo B, este mércores 11 de xuño ás 18:30 en Meicende grande. Orillamar SD e Oza Juvenil SD disputarán a outra semifinal.

Os vencedores xogaranse o trofeo nunha final en data por determinar.

O Fabril FC Alevín acaba de regresar de Alemaña, onde acabou nunha brillante 6ª posición da U11 Pfingstcup.