RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Sen reforzos... pero tampouco sen saídas

Fin do prazo de fichaxes para esta primeira parte da tempada 2007-08. O Deportivo finalmente non incorporó a Pablo Álvarez, o lateral arxentino de Estudantes ante a negativa do técnico do club suramericano, Cholo Simeone, a deixalo sa

Tamén pediu o adestrador deportivista que o persoal non minguase o seu potencial. Minutos despois de pecharse o prazo de fichaxes, o Presidente do Deportivo desvelou ante os medios de comunicación que o Club rexeitara nas últimas semanas ofertas importantes por: Coloccini, Lopo, Aouate, Xisco, Adrián e Rubén, esta última do Valladolid. Ademais, a mocidade de Jairo, Manu e Antonio Tomás permite á Secretaría Técnica poder mantelos no persoal e competir en igualdade de condicións fóra da lista de 25.

              Desta forma, quedan posicións reforzadas por exemplo na dianteira. Miguel Anxo Lotina ten dianteiros de todos os tipos: o pequeno (Rubén Castro), o xigante (Taborda), con máis calidade (Adrián) e versátil (Xisco). Incluso o mediocentro: Verdú, Juan Rodríguez, Sergio, De Guzmán e Antonio Tomás, ou os centrais: Pablo Amo, Aythami, Lopo e Coloccini.

              "Hai que apoialos, animalos, botarlles algunha rifa, pero este equipo ten que xogar ao fútbol", manifestou Lotina minutos despois de perder o primeiro partido ante o Almería. Só nos falta éso, precisamente, xogar ao fútbol como o fixemos en pretemporada.