RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Sesión tranquila no último contacto con Abanca-Riazor en 2018

O Deportivo realizou o seu último adestramento do ano en Abanca-Riazor, o segundo consecutivo da semana, nunha sesión de traballo con pouca carga física na que o corpo técnico deportivista aproveitou para axustar detalles de cara ao partido no Estadio Ramón de Carranza de Cádiz, este sábado 22 de decembro (20:45 horas, Movistar Partidazo).

Gerard Valentín comezou o adestramento co resto dos seus compañeiros aínda que, como estaba previsto, non completou a sesión para continuar co seu proceso de recuperación, do mesmo xeito que Carlos Fernández.

O resto de xogadores realizaron traballo no campo, após a sesión de vídeo inicial, por espazo de máis de hora e media antes de retirarse a vestiarios.

O cadro está citada para o último adestramento antes de viaxar a Cádiz o venres ás 10:30 h. na Cidade Deportiva de Abegondo.