Aos 20 minutos de xogo no Sánchez Pizjuán o Sevilla xa gañaba por 2 goles a 0. E ese foi o resultado final do encontro ante un Deportivo incapaz de darlle a volta ao marcador. Adiantou aos locais Adriano aos 12 minutos e sete máis tarde Navas marcaba o se
Trinta anos despois o Sevilla vence no seu feudo ao Deportivo nun encontro no que os locais demostraron por que están nos primeiros postos da táboa. Aos de Irureta non lles acompañou a fortuna e ademais de porse co marcador en contra nos minutos iniciais, tiveron que facer fronte á temperá baixa de Mauro Silva, substituído por Duscher.
O Deportivo tentouno en diversas ocasións, buscando a portaría de Notario con pases desde a esquerda, pero non tivo acerto.