RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei e Muntari, novidades na lista de convocados na que tamén está Adrián

Ao finalizar o adestramento de hoxe xoves, Sidnei recibiu a alta médica e entrou na lista de 19 xogadores convocados para o encontro de mañá venres 23 de febreiro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Espanyol (21:00 horas, Bein LaLiga), correspondente á 25ª xornada de LaLiga Santander.

Entre os citados está Sulley Muntari, incorporado hoxe ao cadro do Deportivo após adestrarse durante dúas semanas en Abegondo. O centrocampista ganés está no entanto pendente de completar toda a documentación, circunstancia que se podería producir mañá venres ao longo do día.

Tamén se atopa entre os dispoñibles Adrián López, felizmente recuperado dunha escordadura do seu xeonllo esquerdo sufrida o pasado martes.

Quedan fóra da convocatoria os lesionados Albentosa, Koval e Fede Valverde; ademais de Bakkali, sancionado por acumulación de amoestacións.

No adestramento desta tarde, após unha sesión de vídeo e un quecemento, o equipo realizou un exercicio de presión após perda no campo 2 e, a continuación, un traballo táctico a porta pechada no campo 3.

Os convocados concéntranse esta noite no Hotel Meliá María Pita. Mañá venres, día do partido, o equipo realizará unha suave sesión de activación ás 11:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR, a porta pechada.