RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Silleda alberga por quinta vez un DéporCampus Cabreiroá 

O Concello de Silleda acolleu o pasado luns 10 de xuño a presentación do DéporCampus Cabreiroá que se celebrará na devandita localidade pontevedresa por quinto verán consecutivo.

O acto contou coa participación de Mónica González Conde, concelleira de deportes de Silleda; Ángela Troitiño, concelleira de educación e benestar de Silleda; Alejandro Vidal, responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación RC Deportivo.

A actividade levará a cabo entre os días 8 e 12 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00. O campo Joselu Mato - O Outeiriño será o escenario dun campus destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Silleda e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 2 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.