RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Sub-23 será Sub-25

¿Debería ampliarse a idade de Sub-23 a Sub-25 nos abonos? Desde o 3 de outubro ata o día de hoxe, 9 de novembro, recibíronse 2.142 respostas á enquisa realizada en Canaldeportivo, co seguinte resultado: Sí: 1.976 respostas,

“En agradecemento ao movemento novo que se volveu a producir co partido do Celta para o que se despacharon máis de 5.000 entradas de Sub-23, e tendo en conta as enormes dificultades polas que atravesan numerosas familias cuxos fillos novos desexan asistir aos encontros do Deportivo en Riazor, e entendendo que máis ou menos é a idade normal de finalización de estudos universitarios, este Consello de Administración do Real Club Deportivo decidiu crear a localidade de Sub-25 a partir do 1 de decembro do 2011, con posterioridade ao partido Deportivo-Almería do fin de semana do 26-27 de novembro, cuxos prezos se farán públicos en próximas datas.

Tamén entendemos que non sería xusto que os socios Sub-25 que xa abonaron nesta tempada o seu carné anual a prezo de adulto non se visen recompensados coa diferenza que neses prezos de decembro de 2011 existan entre a cantidade a pagar polo socio sénior e o socio Sub-25 na localidade que corresponda. A cantidade resultante descontaráselle no prezo do abono correspondente á tempada 2012-2013. En ningún caso abonaráselle cantidade algunha se non retirase o carné de socio para a tempada 2012-2013.

Non se lle descontará nada do período xullo-novembro 2011 por canto xa gozaron dos partidos correspondentes a eses meses, nin se devolverá cantidade algunha nos casos de bancadas nas que non exista actualmente a categoría Sub-23.

Grazas a todos. Forza Dépor”




¿Debaría ampliarse a idade de Sub-23 a Sub-25 nos abonos?


Desde o 03/10/2011 ata o 09/11/2011 recibíronse 2142 repostas

Se, inmediatamente
56.26% (1205)
Se, pero a próxima tempada
29.60% (634)
NON
7.75% (166)
Se, pero en decembro
6.40% (137)