RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Superados os 1.500 socios en dous días de campaña de abonos

A campaña de abonos 2017-2018, que arrincou este mércores, vai vento en popa. A Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR despachou xa 1.548 carnés, 884 deles hoxe (entre os cales 200 son renovacións en liña e 53 son novas altas).

Lémbrase a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono. Para mañá teñen cita 311, e case 1.000 dos abonados utilizáron o servizo.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD permanecerán abertas mañá venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es  ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.