O Real Club Deportivo, de acordo co Protocolo da Xunta de Galicia de actuación no ámbito deportivo federado ante alertas meteorolóxicas e após o aviso oficial emitido pola Secretaría Xeral para o Deporte con data de este martes 10 de febreiro, acordou suspender este mércores 11 de febreiro pola tarde todas as actividades no Dépor Training Center.
A comarca da Coruña estará en alerta laranxa por choivas e fortes ventos.
Ante estas condicións climatolóxicas adversas o Club adopta esta medida preventiva co obxectivo de garantir a seguridade de xogadores e xogadoras, corpo técnico e persoal da entidade non só na instalación, senón tamén nos seus traxectos até o Dépor Training Center desde varios puntos de Galicia.
Lucía Rivas e Paula Redruello 'Redru' participarán nuns novos adestramentos coa selección española sub-19
#ANOSACANTEIRA
O canteirán Raúl Lema xogará este mes de febreiro coa selección española sub-16 o Torneo Desarrollo UEFA en Turquía
#ANOSACANTEIRA
Mauro Valeiro, citado pola selección española sub-17 para un torneo internacional en Portugal
#ANOSACANTEIRA
Resultados en ANOSACANTEIRA, con vitoria este domingo dos dous equipos xuvenís
#ANOSACANTEIRA
