RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Suspendida a xornada de mañá domingo en ANOSACANTEIRA

Os partidos de mañá domingo 26 de xaneiro do Fabril en Santiago ante a SD Compostela e do Xuvenil B no Porriño foron suspendidos pola alerta metereológica de intensas choivas e fortes ventos.

Hoxe sábado 25 xogouse o resto da xornada.

Sobresaíu o partido do Xuvenil A, que liquidou con goleada (6-1) a súa cita ante o Arosa SC previa ao partido de oitavos de final da Copa del Rey deste mércores 29 en Lezama ante o Athletic Club.

Os pupilos de Miguel Figueira, con 46 puntos, obrigan ao RC Celta, que ten 45, a gañar mañá domingo ao Real Oviedo se quere manter o liderado.

En casa tamén competiron o San Tirso SD Cadete (2-2 no Monte ante o Ural Español CF) e o Infantil (8-0 en Abegondo fronte ao Atlético Coruña Montañeros CF).

Tocou lonxe de casa ao Cadete (4-4 en Nigrán) e ao San Tirso SD Infantil (3-1 en Santiago ante o CD Conxo Santiago).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda Federación
20ª xornada: SD COMPOSTELA - FABRIL, suspendido

Categoría xuvenil
División de Honra, 18ª xornada: XUVENIL A 6 (Lucas -2-, Rubén, Álvaro, Dipanda e Daniel) - AROSA SC 1

Liga Nacional, 18ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL FC - XUVENIL B, suspendido

Categoría cadete
División de Honra, 18ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 4 - CADETE 4 (Trigo, Pablo Crespo e Gael -2-)
División de Honra, 18ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Nikolay Dyulgerov e Jurgen) - URAL ESPAÑOL CF 2

Categoría infantil
División de Honra, 16ª xornada: INFANTIL 8 (Thiago Montes -2-, Tiago Caamaño, Hugo Caridad, Íker Obeso -2-, Mateo Varela e Pablo Cillero) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
División de Honra, 16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yoel Darriba)

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, 12ª xornada: ALEVÍN A 4 (Hugo Álvarez -3- e Xiao Fontao) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
Primera A Coruña de fútbol 8, 12ª xornada: VICTORIA CF 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Antón Fernández, Adrián Liñares e Leo Lorenzo)

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, 12ª xornada: BENXAMÍN A 12 (Martín Coronel -2-, Pablo Couso -2-, Joel Losada -2-, Nico Castro -2-, Asier Ordax, Martín Martelo, Gael Fernández e Leo Barro) - ATLÉTICO CASTROS 0
Primera A Coruña de fútbol 8, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Ian Lata, Xosé Varela, Hugo Cancela, Nico Mariño e Hugo Rey)