RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Suspendido as Viaxes InterRías - Deportivo ABANCA B ao descanso por confusión coas camisetas

O partido entre as Viaxes InterRías e o Deportivo ABANCA B, pertencente á 18ª xornada na Primeira Autonómica Feminina, foi suspendido ao descanso polo colexiado, Francisco Javier Raposo Barcia, por confusión coas camisetas de ambos os equipos.

Os primeiros 45 minutos, aos que se chegou con vitoria parcial (0-1) do Deportivo ABANCA B grazas a un gol de Carlota, as deportivistas xogaron coas camisetas de adestramento.

Agora, o Comité de Competición, de acordo cos clubs, fixará unha nova data para a disputa da segunda parte.

Así pois, o Deportivo ABANCA segue con 39 puntos na terceira posición da táboa.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Alba Martínez, Alba Pérez, Sofía, Antía, Ari, Alba Suárez, Sara Piñeiro, Michelle, Carlota e Vero.

O vindeiro domingo 4 de febreiro, o Deportivo ABANCA B recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao Umia Cf.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3
Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)
Deportivo ABANCA B 6 (Patri -3-, Vero -2- e Michelle) - SCD Milagrosa 2
UD Ourense 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Michelle, Lidia e Vero)
Orzán 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Sara Piñeiro, Vero e Antía)
Deportivo ABANCA B 0 - Valladares 0
Viaxes InterRías FF - Deportivo ABANCA B (suspendido ao descanso)