RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Teixeira Vitienes cambia o rumbo do,partido en Zaragoza

Non tivo fortuna o Deportivo no cambio de árbitro a última hora do partido en Zaragoza. Fernández Borbalán, o colexiado inicialmente designado, se lesionó en Moscú no partido de competición europea que diri

Teixeira Vitienes designou primeiro un rigurosísimo penalti por man involuntaria de Tiago Pinto case ao bordo da área. Foi o 1-2 , co que se chegou ao descanso. Aínda por riba, nos instantes iniciais do segundo tempo, tras unha caida de Pizzi na área zaragocista ante dous defensores maños, Teixeira non dubidou en amoestar ao centrocampista branquiazul, a propósito de que era a súa segunda amarela. É inconcibible que un equipo quede con 10 xogadores case medio partido por decisións deste tipo, sen accións violentas polo medio.
 
Logo, ao Zaragoza, que chegaba nun gran estado de forma, bastoulle con tres centros á área e un par de desaxustes defensivos para darlle a volta ao marcador (5-2). Bodipo, no tempo de desconto, maquillou un injustisimo marcador ao cabecear un gran centro de Bruno Gama.
 
O Dépor, con este marcador, queda con 10 puntos. Toca agora levantar a cabeza e derrotar ao Levante en Riazor, o vindeiro domingo 18 ás 12.00.
 

Real Zaragoza: Roberto; Sapunaru, Loovens, Paredes, Abraham;Zuculini (Aranda, m.26), Movilla, Apoño; Víctor (Edu Oriol,m. 82), Postiga (Romaric, m. 87) e Montañés.

Deportivo: Aranzubía; Laure, Aythami, Zé Castro, Tiago Pinto;Alex Bergantiños, Juan Domínguez (André, m. 82); Bruno Gama,Valerón (Camuñas, m. 52), Pizzi; e Riki (Bodipo, m. 83).

Goles: 0-1. min.16. Bruno Gama; 0-2. min.20. Riki; 1-2. min.28.Apoño, de penalti; 2-2. min.61. Montañés; 3-2. min.66. Alvaro; 4-2.min.76. Postiga; 5-2. min.82. Postiga; 5-3. min.92. Bodipo.

Árbitro: F. Teixeira Vitienes. Expulsou a Pizzi e amoestou a Laure, Juan Domínguez e Tiago Pinto