RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Teresa Abelleira xogou os últimos 35 minutos na vitoria de España sobre Inglaterra

Teresa Abelleira, capitá do Deportivo ABANCA, disputa estes días con España o Torneo La Manga de categoría sub-19 feminina. O escenario dos partidos son as instalacións de La Manga Club en Cartaxena.

A futbolista branquiazul e as súas compañeiras de selección estreáronse hoxe xoves 28 de febreiro con triunfo ante Inglaterra (1-2), unha vitoria de pompa fraguada na segunda parte.

Precisamente Teresa Abelleira arrancou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 56, en substitución de Silvia Rubio.

A próxima cita de España será este sábado 2 de marzo (12:00 horas) fronte a Suíza.

O calendario de partidos do equipo nacional, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 28 de febreiro
INGLATERRA 1 - ESPAÑA 2

Sábado 2 de marzo
12:00: SUÍZA - ESPAÑA

Luns 4 de marzo
18:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOS

A consecuencia deste torneo, Teresa Abelleira pérdese a visita do Deportivo ABANCA ao Gijón FF, correspondente á 20ª xornada, o domingo 3 de marzo ás 12:00 en Xixón.