RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Tino Fernández, aos Socios de Ouro: Imos pelexar por xente como vostedes

Onte xoves na Praia Club, os socios que cumpriron no 2013 50 añvos ininterrompidos como abonados do Deportivo foron homenaxeados polo Club.  "Imos pelexar por xente como vostedes", indicó Tino Fernández no seu discurso

Este evento foi suspendido o pasado ano por motivos económicos, polo que o Deportivo agradece especialmente o apoio que Estrela Galicia, Grupo HPS e AON brinda para a celebración deste acto, o máis importante do ano a nivel social.

Desta forma, ao respaldo do patrocinador principal do equipo, Estrela Galicia, súmanse unha das maiores aseguradoras e consultorías de capital humano a nivel mundial: AON; e o grupo de empresas coruñés HPS. No caso deste último, ademais de esponsorizar o acto, colaboran coa decoración do salón de banquetes da Praia Club grazas a unha das firmas do grupo HPS: Xardín Coruña.

Martín Pita, Conselleiro responsable da área Social, asegurou na súa presentación que o Club puxo "todo o agarimo e a ilusión" neste acto. Ademais, lembrou o sucedido en 1963, ano de alta destes 11 novos socios de ouro: O Dépor ascendeu a Primeira, con Roque Olsen como adestrador e Jesús Cebrián Brizuela á fronte dunha Xunta Directiva formada por 12 persoas, "xusto o dobre da actual". Como outros dos datos anecdóticos, Martín Pita subliñou que o orzamento do Club era de 13.600.000 pesetas, con máis de 6.000.000 de superávit, que ese ano se asinou o acordo de colaboración co Fabril ou que se instalou a iluminación artificial no campo de adestramento de detrás da Torre de Maratón e aprobouse o orzamento para a iluminación do estadio.

Marcelino Sánchez Rodríguez, en representación dos homenaxeados, foi moi breve nas súas palabras: "Todos debemos axudar ao Deportivo e loitar por el".

Pechou a quenda de intervencións o Presidente, Tino Fernández, que se dirixiu aos presentes situado entre eles, cun micrófono inalámbrico. Agradeceu en primeiro lugar a fidelidade de todos por tantos anos e subliñou que este día será "inesquecible" para vós (en referencia aos socios de ouro) e para este Consello de Administración.

Quixo mandar unha "mensaxe de ilusión. As cousas seguen estando complicadas, pero imos pelexar por xente como vostedes".

Afirmou que o Deportivo ten "unha gran afección, unha gran masa social. Xente que sofre polo Deportivo. E unha gran historia".

Prometeu "ser rigorosos. E coidar o diñeiro do Club como o dos nosos fillos, porque é o voso diñeiro. Todos os euros contan". Lembrou ademais os dous grandes retos inmediatos do Dépor: a campaña de abonados que posiblemente será presentada a próxima semana e a ampliación de capital social, demandada polos acredores principais.

Finalmente, insistiu en que o equipo ten que agarrarse a Primeira División "con uñas e dentes" e prometeu traballar para que o Dépor sexa "unha marca global". Neste sentido, puxo como exemplo ao Sevilla.

Antes da cea, os socios recibiron de mans do Presidente a insignia de ouro e o diploma acreditativo. Unha vez presentados os novos abonos tamén recibirán o seu carné vitalicio para entrar gratis a todos os partidos do Dépor en Riazor para o resto da súa vida. Este ano, os homenaxeados, foron un total de 11:

  • Anxo Alonso Canosa
  • Cristobal Bermúdez Canalejo
  • Victorino Castro Bertuce
  • José Ramón Castro González
  • José Criado Ares
  • José Luís López Fernández
  • Carlos Miramontes Branco
  • Ricardo Ocampo Rodríguez
  • Santiago Pérez Ojén
  • Fernando José Rodríguez Belas
  • Marcelino Sánchez Rodríguez