RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Torneo RC Deportivo · Liga BBVA 2016

Dépor e Val Miñor, campións do XIII Torneo Real Club Deportivo-Liga BBVA
Martes 17/05/2016 23:50, canaldeportivo, A Coruña

 
O RC Deportivo, en categoría Benjamín, e o Val Miñor, en Prebenjamín, proclamáronse campións da XIII edición do Torneo Real Club Deportivo-Liga BBVA, a gran festa do fútbol galego que reuniu como é costume cada 17 de maio a numerosos clubs de toda a nosa xeografía.
 

 

O torneo congregou a máis de 10.000 persoas ao longo do día na Cidade Deportiva de Abegondo. No mesmo participaron 206 equipos (94 en categoría Prebenjamín e 112 en categoría Benjamín), pertencentes a 81 clubs. Case 3.100 mozos xogadores e máis de 12 horas ininterrompidas de competición en 16 campos tiveron como colofón unha inesquecible final entre Deportivo e Celta.

Os rapaces que dirixe Pablo Barros impuxéronse por 3-1 ao equipo celeste ante dúas afeccións entregadas e exemplares, que practicamente abarrotaron o campo principal da Cidade Deportiva branquiazul. Zoe, nun gran lanzamento de falta, adiantou aos deportivistas na primeira metade, na que Iker empatou para o Celta ao transformar un penalti. No segundo tempo, Óscar marcou en propia meta o 2-1 para o Dépor, tras unha gran acción de Pablo Seco, que igualmente anotou o 3-1 definitivo.
 
Na categoría Benjamín, tras branquiazuis e celestes, clasificáronse Porto Burela e Calasanz, que caeron en semifinais por 4-0 e 3-1, respectivamente. Ata os cuartos de final chegaron Deportivo B, EF Viveiro A, Escolas Luís Calvo e Calasancio de Monforte.
 
A final Prebenjamín foi menos emocionante, xa que o Val Miñor adiantouse por 3-0 durante a primeira metade. No segundo tempo, o San Tirso recortou distancias aínda que finalmente o conxunto de Nigrán redondeou a súa vitoria por un resultado de 4-1.
 
O campión tamén venceu con suficiencia en semifinais ao Deportivo Obreiro de Oleiros (4-0), mentres que o equipo de Mabegondo eliminaba ás Escolas Luís Calvo na quenda de penaltis (3-1, tras o 0-0 nos 20 minutos de xogo). Ata a antepenúltima rolda, que só disputaban seis equipos, chegaron o Caldas e o Atlético Coruña.
 
A competición desenvolveuse mediante unha Fase Clasificatoria previa, con sistema de liga a unha volta, que contou con 22 Grupos de 4 equipos e 2 Grupos de 3, na categoría Prebenjamín; e de 28 Grupos de 4 equipos na categoría Benjamín. Posteriormente levou a cabo a Fase Final, por eliminación directa a un partido. Disputouse en 16 campos de herba natural, nos que se celebraron indistintamente e simultaneamente partidos de ambas as categorías. Desde as 09:00 horas e ata as 21:15 o fútbol non parou nunha das xornadas máis importante do ano para o Club e que poderá verse na TVG en diferido o próximo fin de semana


Todo preparado para un Torneo RC Deportivo · Liga BBVA de marca
Xoves 12/05/2016 22:20, canaldeportivo, A Coruña

O Real Club Deportivo continúa coa súa vontade de que o Torneo Real Club Deportivo · Liga BBVA convértase na gran festa anual do fútbol galego, polo que nesta edición potenciouse a participación de equipos, pasándose de 144 en 2015 a 206 o vindeiro martes 17 de maio. Isto traduciuse na participación de 81 clubs, con 94 equipos en categoría Prebenjamín e 112 en categoría Benjamín. En total case 3.100 xogadores. 
 
Por este motivo a competición desenvolverase mediante unha Fase Clasificatoria previa, con sistema de liga a unha volta, que contará con 22 Grupos de 4 equipos e 2 Grupos de 3, na categoría Prebenjamín; e de 28 Grupos de 4 equipos na categoría Benjamín. Posteriormente levará a cabo a Fase Final, por eliminación directa a un partido.
 
A competición desenvolverase en 16 campos de herba natural, nos que se disputarán indistintamente e simultaneamente partidos de ambas as categorías. Desde as 09:00 horas e ata as 20:40 co comezo da segunda das finais (a Benjamín. A Pre benjamín dispútase ás 20:00) o fútbol non parará nunha das xornadas máis importante do ano para o Club e que poderá verse na TVG en diferido.
 
Ademais de potenciar o aspecto deportivo, o XIII Torneo Real Club Deportivo · Liga BBVA tamén continúa mellorando o aspecto lúdico e festivo coa creación, por segundo ano, dunha zona de lecer e restauración no campo de herba sintética de Abegondo no que os case 10.000 asistentes que se esperan poderán gozar dos menús de 6 food tracks con comidas para todos os gustos, inchables para os máis pequenos, produtos oficiais do Club na Deportienda e unha gran terraza para os momentos máis tranquilos e distendidos da xornada.

Cifras marca no Torneo RC Deportivo · Liga BBVA do próximo 17 de maio en Abegondo
Martes 26/04/2016 15:11, canaldeportivo, A Coruña

 
Tras o peche de inscricións e a falta dos últimos axustes, as cifras que arroxa o Torneo RC Deportivo · Liga BBVA que se disputará o vindeiro martes 17 de maio en Abegondo son todas de marca. Nesta edición excederanse os 200 equipos inscritos -máis de 90 prebenjamines e 110 benjamines- (fronte aos 144 do ano pasado), polo que máis de 3.000 xogadores e uns 10.000 espectadores pasarán ao longo das máis de 12 horas de competición ininterrompida por algún dos 16 campos que se habilitarán para o evento.

A toda a parte competitiva sumarase, por segundo ano, unha ampla zona de lecer no campo de céspede artificial da cidade deportiva branquiazul para que espectadores, familiares e xogadores poidan gozar dunha área de esparexemento con servizo de restauración e poder aproveitar así toda a xornada do Torneo sen moverse de Abegondo.

Un ano máis, o Torneo RC Deportivo · Liga BBVA converterase deste xeito na gran festa do fútbol na comunidade, nunha data tan sinalada como o día das Letras Galegas.

 

186 equipos inscritos a 48 horas do peche de participantes para o Torneo RCD · Liga BBVA
Venres 22/04/2016 20:38, canaldeportivo, A Coruña

 
A 48 horas do peche das inscricións 186 equipos xa confirmaron a súa presenza no XIII Torneo RC Deportivo · Liga BBVA. O domingo conclúe o prazo dunha inscrición que supera amplamente os 144 equipos inscritos do pasado ano.

O Real Club Deportivo convida a participar no evento, que terá lugar nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, o vindeiro martes 17 de Maio de 2016, a todos os equipos Pre-Benjamines e Benjamines de Galicia.

Cada club convidado poderá inscribir a tantos equipos como estime oportuno en cada categoría e, xa que os encontros que se van a disputar serán de Fútbol-8, os clubs poderán inscribir a un total de 15 xogadores por equipo. 
 
Ademais, como o pasado ano, tamén se porá en servizo unha área de lecer e restauración para que se poida gozar de toda a xornada festiva en familia.
 
Os clubs teñen de prazo para inscribirse ata o 24 de abril e poden facelo a través da seguinte dirección de correo electrónico: trofeorcd@canaldeportivo.com
 
O Dépor quere organizar, un ano máis, a gran festa do fútbol na comunidade, nunha data tan sinalada como o día das Letras Galegas, na que esperamos que nos poida acompañar o maior número de participantes posibles.

 

 

Participación marca no Torneo RC Deportivo · Liga BBVA a 12 días do peche de inscrición
Martes 12/04/2016 19:02, canaldeportivo, A Coruña

 
O próximo día 24 de abril conclúe o prazo de inscrición do XIII Torneo Real Club Deportivo · Liga BBVA. A doce días do peche de participación son xa 145 os equipos inscritos, superando a cifra de 144 do pasado ano. O Real Club Deportivo convida a participar no evento, que terá lugar nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, o vindeiro martes 17 de Maio de 2016, a todos os equipos Pre-Benjamines e Benjamines de Galicia.

Cada club convidado poderá inscribir a tantos equipos como estime oportuno en cada categoría e, xa que os encontros que se van a disputar serán de Fútbol-8, os clubs poderán inscribir a un total de 15 xogadores por equipo. 
 
Ademais, como o pasado ano, tamén se porá en servizo unha área de lecer e restauración para que se poida gozar de toda a xornada festiva en familia.
 
Os clubs teñen de prazo para inscribirse ata o 24 de abril e poden facelo a través da seguinte dirección de correo electrónico: trofeorcd@canaldeportivo.com
 
O Dépor quere organizar, un ano máis, a gran festa do fútbol na comunidade, nunha data tan sinalada como o día das Letras Galegas, na que esperamos que nos poida acompañar o maior número de participantes posibles.

 

Aberta a inscrición para o Torneo RC Deportivo · Liga BBVA do próximo 17 de maio
Xoves 31/03/2016 19:35, canaldeportivo, A Coruña


 
O Real Club Deportivo quere convidar a todos os equipos Pre Benjamines e Benjamines de Galicia a participar na XIII Edición do Torneo do Real Club Deportivo · Liga BBVA que terá lugar, nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, o vindeiro martes 17 de Maio de 2016.

Por segundo ano consecutivo o Torneo disputarase nas categorías Pre-Benjamin e Benjamin e cada club convidado poderá inscribir a tantos equipos como estime oportuno en cada categoría e, xa que os encontros que se van a disputar serán de Fútbol-8, os clubs poderán inscribir a un total de 15 xogadores por equipo. 
 
Ademais, como o pasado ano, tamén se porá en servizo unha área de lecer e restauración para que se poida gozar de toda a xornada festiva en familia.
 
Os clubs teñen de prazo para inscribirse ata o 24 de abril e poden facelo a través da seguinte dirección de correo electrónico: trofeorcd@canaldeportivo.com
 
O Dépor quere organizar, un ano máis, a gran festa do fútbol na comunidade, nunha data tan sinalada como o día das Letras Galegas, na que esperamos que nos poida acompañar o maior número de participantes posibles.