RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Torneos amigables para #ANOSACANTEIRA en Oviedo, Alacante, Íscar, Cambrils e Zaragoza

Semana Santa e semana grande para #ANOSACANTEIRA, con torneos repartidos por toda España: Cambrils, Oviedo, Zaragoza, Teulada (Alacante) e Íscar (Valladolid).

O Mundialito de Costa Daurada entra na súa fase final

Tres equipos do RC Deportivo representan ao Club no Mundialito de Costa Daurada, que se xoga na modalidade de fútbol 7: Alevín A, Alevín B e Benxamín B.

O Alevín A quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 41 co CF Vila-seca, San Pedro y San Pablo, Sogima (Brasil), Moderation Inc 2 (Xapón) e CFJFS (Mauritania).

Os resultados da Primeira Fase foron os seguintes:

Domingo 25 de marzo
ALEVÍN A 15 (Héctor -4-, Dani -2-, Óscar -2-, Lucas, Ayana, Guerrero, Samu, Álvaro, Luis e Adri) - CF VILA-SECA 0

Luns 26 de marzo
MODERATION INC '2' 0 - ALEVÍN A 10 (Ayana -3-, Héctor -2-, Óscar -2-, Dani, Lucas e Guerrero)
SAN PEDRO Y SAN PABLO 0 - ALEVÍN A 6 (Dani -2-, Héctor, Guerrero, Álvaro e Óscar)

Martes 27 de marzo
ALEVÍN A 3 (Lucas -2- e Luis) - SOGIMA 0

Mércores 28 de marzo
ALEVÍN A 11 (Hector -4-, Álvaro -2-, Óscar -2-, Ayana, Lucas e Guerrero) - CFJFS 1

O Alevín A quedou primeiro de grupo e accede á Fase Ouro, con este calendario:

Xoves 29 de marzo
10:00: ALEVÍN A - JUVENTUS

Pola súa banda, o Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 33, con estes rivais: AD Salou, Arlington (USA), Gimnastic de Manresa e UFC Cambrils.

Os resultados dos partidos da Primeira Fase foron os seguintes:

Domingo 25 de marzo
ALEVÍN B 15 (Dani -5-, Jairo -3-, Vergara -2-, Bruno -2-, Jorge, Marcos e Eli) - UD SALOU 0

Luns 26 de marzo
GIMNASTIC DE MANRESA 3 - ALEVÍN B 0

Martes 27 de marzo
UFC CAMBRILS 4 - ALEVÍN B 5 (Dani -2-, Álex, Jorge e Bruno)
ALEVÍN B 2 (Vergara e Eli) - ARLINGTON 1

O Alevín B finalizou en segunda posición esta primeira parte do torneo e competirá na Fase Prata, con este calendario:

Xoves 29 de marzo
11:00: ALEVÍN B - ESCOLAS FEDERACIÓN

Finalmente, o Benxamín B mediuse na Primeira Fase, no grupo 15, ao 'UCF Cambrils 1', CE Santes Creus, CF La Selva del Camp e ao USA IFC East (USA), con estes resultados:

Luns 26 de marzo
BENXAMÍN B 17 (Nico -4-, Ioan -3-, Gael -3-, Paulo -3-, Trigo -3- e Caaveiro) - 'UFC CAMBRILS 1' 1

Martes 27 de marzo
CE SANTES CREUS 1 - BENXAMÍN B 9 (Caaveiro -2-, Trigo -2-, Ioan, Paulo, Pablo, Gael e Nico)

Mércores 28 de marzo
BENXAMÍN B 14 (Paulo -4-, Nico -2-, Caaveiro -2-, Ronquete -2-, Ioan -2-, Gael e Mauro) - CF LA SELVA DEL CAMP 0
USA IFC EAST 1 - BENXAMÍN B 9 (Nico -3-, Paulo -4-, Caaveiro e Trigo)

O Benxamín B, como primeiro de grupo, pasa a cuartos de final, con este calendario:

Xoves 29 de marzo
17:00: BENXAMÍN B - GIRONA

Rivais de pompa para o Cadete A no Torneo CesarAugusta de Zaragoza

O Cadete A medirase ao Real Madrid e ao anfitrión Stadium Casablanca na 32ª edición do Torneo CesarAugusta Trofeo Tomás Martín, competición que se desenvolverá nas instalacións do club Stadium Casablanca de Zaragoza.

O calendario de partidos da Primeira Fase para o Cadete A é o seguinte:

Xoves 29 de marzo
12:00: CADETE A - STADIUM CASABLANCA

Venres 30 de marzo
12:00: REAL MADRID - CADETE A

O primeiro clasificado xogará a final contra o primeiro do outro grupo. Os segundos de cada grupo pelexarán polo terceiro e cuarto posto; e os terceiros, pola 5ª ou 6ª praza. Todo iso entre o sábado 31 pola tarde e a mañá do domingo 1 de abril.

Tres equipos branquiazuis compiten na prestixiosa Oviedo Cup

O Xuvenil B, o Cadete e o Infantil do Deportivo competirán na prestixiosa Oviedo Cup 2018.

Na Primeira Fase, o Xuvenil B terá como rivais ao Atlético Avilés, Japan United (Xapón), Condal CF e NeuroFútbol, con este calendario:

Xoves 29 de marzo
15:30: ATLÉTICO AVILÉS - XUVENIL B (no campo Mundial 82 de Mieres)
17:30: XUVENIL B - JAPAN UNITED (no campo Mundial 82 de Mieres)

Venres 30 de marzo
13:45: XUVENIL B - CONDAL CF (no campo de Güelito de Noreña)
20:45: NEUROFUTBOL - XUVENIL B (no campo de Güelito de Noreña)

Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º para a Oviedo Cup Prata; e o 4º e 5º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.

En categoría cadete, CD Covadonga, Rayo Alcobendas, CD Quirinal e Faro B serán os rivais do Deportivo.

O seu calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Xoves 29 de marzo
15:30: COVADONGA - CADETE (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)
17:30: CADETE - RAYO ALCOBENDAS (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)

Venres 30 de marzo
10:30: CADETE - QUIRINAL (no campo de Güelito de Noreña)
16:30: FARO B - CADETE (no campo dos Castañales - Luis Oliver de Oviedo)

Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º para a Oviedo Cup Prata; e o 4º e 5º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.

Finalmente, en infantís, o Infantil branquiazul medirase en primeira instancia ao Spanish SD Dubai, Nuevo Bobadilla, San Claudio, Santa Marta e ao campión da Fase Previa.

O calendario do equipo deportivista é o seguinte:

Xoves 29 de marzo
15:30: GAÑADOR FASE PREVIA - INFANTIL (no campo dos Castañales - JA Rabanal de Oviedo)
17:30: INFANTIL - SPANISH SD DUBAI (no campo dos Castañales - JA Rabanal de Oviedo)

Venres 30 de marzo
13:45: NUEVO BOBADILLA - INFANTIL (no campo Díaz Veiga de Oviedo)
19:45: INFANTIL - SAN CLAUDIO (no campo de Güelito de Noreña)

Sábado 31 de marzo
09:30: SANTA MARTA - INFANTIL (no campo do Cristo de Oviedo)

Os dous primeiros clasificados clasifícanse para a Oviedo Cup Ouro; o 3º e 4º para a Oviedo Cup Prata; e o 5º e 6º para a Oviedo Cup Bronce. Todas estas fases polo sistema de eliminatoria.

O Infantil A, á terceira edición da 'miBalón Internacional Cup'

O Infantil A do Deportivo participa na terceira edición da 'miBalón Internacional Cup', que se xogará na localidade alacantina de Teulada.

O calendario da Primeira Fase para o conxunto que prepara Iván Vázquez é o seguinte:

Venres 30 de marzo
17:00: INFANTIL A - GETAFE
20:00: SELECCIÓN TEULADA - INFANTIL A

Sábado 31 de marzo
14:00: VILLARREAL - INFANTIL A

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogan a continuación; e o resto xogará unha Fase de Consolación para ditaminar a posición final no torneo.

Atlético de Madrid, Espanyol e Parquesol, rivais do Benxamín A na Íscar Cup 2018

Como é tradicional, o Benxamín A do Deportivo xogará a Íscar Cup, torneo que se disputa na localidade valisoletana de Íscar.

Na Primeira Fase, o equipo que prepara Pablo Barros quedou encadrado no grupo 2, co Atlético de Madrid, Espanyol e CD Parquesol de Valladolid.

O calendario é o seguinte:

Xoves 29 de marzo
10:15: ESPANYOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)
13:15: ATLÉTICO DE MADRID - BENXAMÍN A (campo Medina natural)
18:15: PARQUESOL - BENXAMÍN A (campo Medina artificial 1)

O partido ante o Atlético de Madrid será retransmitido en directo por Gol.

Os dous primeiros de grupo, ademais do mellor 3º dos 7 grupos, accederán a oitavos de final, que se xogarán o venres 30. Os demais equipos pasan a unha Fase de Consolación, tamén ese mesmo día.

O Deportivo ABANCA B disputa o Torneo Concello de Mugardos

O Deportivo ABANCA B e unha Selección de Ferrol xogaranse o vindeiro domingo 1 de abril a 1ª edición do Torneo Concello de Mugardos.

O encontro xogarase ás 17:00 horas no campo da Pedreira.

O Benxamín A pecha a Semana Santa co Torneo Villa de Caldas

Após a súa participación na Íscar Cup, o Benxamín A porá fin a esta semana Santa coa participación no Torneo Villa de Caldas, o domingo 1 de abril no campo das Corticeiras.

O calendario de partidos do equipo deportivista é o seguinte:

10:30: BENXAMÍN A - SUBCAMPIÓN GRUPO D (FASE PREVIA), (campo 2)
12:30: CAMPIÓN GRUPO C (FASE PREVIA) - BENXAMÍN A (campo 2)
15:00: CALDAS - BENXAMÍN A

Segundo clasificación, todos os equipos pasarán a continuación á Fase Final.